domingo, 16 de decembro de 2018

Sábado 15 de DECEMBRO do 2018

O ultimo programa deste ano 2018 conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, que ten como convidada á Alcaldesa de Lobios, dona Mª Carmen Yáñez, para falar de moitas couass que están xa acordadas con outras administracións, para beneficio do Concello, como pode ser a Residencia de incianos, que xa ten tódolos permisos concedidos e posiblemente se comece a súa edificiación nos próximos meses. Temos que felicitar a esa dona que tanto está a traballar, e ben, por ese Concello arraiano, que ten moitos recursos naturais que aproveitar. Tamén lle agradecemos ao noso correspondnete Xosé Lamela que nos aporte tantas novas interesantes para os nosos oíntes e seguidores.

A segunda intervención é a comunicación co poeta lucense XOSÉ CARLOS ULLOA, con quen mantemos unha conversa moi agradable e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas.

Na segunda hora, como non podemos contar coa participación do noso colaborador Xulio Simón, a quen disculpamos convenientemente, conectamos con FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos pon ao corrente de varias novidades moi interesantes na zona dos Ancares. Felicitámola e aproveitamos para enviarlle moitos desexos de benestar para ela e tódolos seus neste vindeiro aninovo 2019.

E continuamos cara o final do programa de hoxe falando con don OSCAR RODÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia) que nos fala da recente festa de San Eloy, patrón dos xoieiros, e de moitas máis cousas interesantes relacionadas con ese sector tan importante e puxante na nosa Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamoslle moitos éxitos.

Finalizamos este ultimo programa do ano convidándoos a escoitar unha panxoliña para felicitar a tódolos nosos oíntes e seguidores e desexarlles todo o mellor para o vindiero aninovo 2019. ¡Que sexan moi felices!

sábado, 1 de decembro de 2018

Sábado 01 de DECEMBRO do 2018

Benqueridos amig@s oíntes e seguidores: HOXE non poderemos atendervos porque temos certas obrigas que cumprir. O equipo de Semprengalicia quere pedirvos disculpas por non podermos ofrecervos un programiña máis, tanto hoxe coma tampouco o sábado que ven que é festivo (día 8). Poremos dúas horiñas de música galega, que podedes aproveitar para gravar e escoitaar cando desexedes.
Seguiremos traballando e preparando novas cousas para poder ofrecervos. Os nosos correspondentes Xosé Lamela, Xulio Simón, Kike de Navia, Fernanda Follana, Tamara Andrés e Paco Rivas estarán con nosoutros e procuraremos pasar dúas horiñas de Radio entretidas e agardando as vosas participacións.

Por un pouco. Disfrutade e sede felices!!!

domingo, 25 de novembro de 2018

SÁBADO 24 de Novembro do 2018

Un programiña máis con todos vostedes. Hoxe teremos nos estudios a visita dos compoñentes do Xurado do "XXXII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Despois das salutacións de benvida, escoitamos unha peciña musical, para darlle entrada e saudar a Xosé Lamela que ademáis de colaborador da nosa emisión tamén é Vogal do Xurado antes mencionado. Despois entran nos estudos o resto dos componentes; Armando Requeixo (Presidente do Xurado), Miriam Ferradans (Vicepresidenta), e Xulio Simón (Vocal). Tamén nos acompañan Xavi e Luís. ¡Ben vidos!
Comentamos un chisco as impresións que teñen sobre este Certame, as deliberacións, a participación e nivel dos aspirantes... etcétera. Armando Requeixo impartirá unha Conferencia na Sé da Entidade baixo o título: A Irmandade Literaria Galego-Catalana, entón despedímonos de tódolos oíntes e queda con todos vosoutros Armando Fernández.

Continuando co programa conecta con Kike de Navia, para que lle informe dalgunha cousa interesante relacionada coa localidade de Navia de Suarna.

Despois a comunicación é coa nosa correspondente nas Rías Baixas, encargada da sección NO ESTRELAMPAR, Tamara Andrés, que ten preparadas varias comunicacións moi interesantes.

A seguir a conexión é con FERNANDA FOLLANA, nos Ancares Lugueses, que nos fai unha crónica escollida con tres notas: A presentación dun libro "Terra de Lobos" do dibuxante de comics, Miguel Fernández. A Ruta do Río Donsal, moi recomendable. E por ultimo una anécdota histórica referida ao Arquitecto Nemesio Cobreros que faleceu precisamente en Becerreá.

E a finalización ven acompañada da intervención do noso poeta da Mariña, Paco Rivas, que sempre ten algunha cousa preparada para agasallarnos.

Ate a vindeira semana. Disfruten e sexas felices.


sábado, 17 de novembro de 2018

Sábado 17 de Novembro do 2018

Comezamos outro programa máis, con todos vosoutros, ofrecéndolles escoitar pezas do 5º CD da Orquestra de Folk"Son de Seu", que leva por título "BEIRALUA", e que nos serve para poñernos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista. Hoxe atópase en Montealegre, axudando á presentación do libro: "Couto Mixto. Aspectos Folclóricos", do amigo etnólogo José Rodríguez Cruz, do que nos falou a semana pasada concretamente neste noso programa. Preséntanos a don Xosé González Martínez, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e con informacións varias sobre algunhas actividades moi importantes, relacionadas co noso idioma galego, así como a celebración dunha homenaxe que se lle vai tributar a Chano Piñeiro a vindeira fin de semana en Vigo.



Despois de escoitar novamente unha peza do CD mencionado ao principio (Beiralúa) conectamos novamente con Galicia, nesta ocasión con Quintela do Pando, un pobiño do Concello de Viana do Bolo, onde se atopa a nosa moi admirada Poeta Pastora: NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, coa que mantemos unha conversa moi animada falando das súas creacións poéticas e das figuras artísticas que ela mesmo fixo durante moitas xornadas, mentres coidaba as ovellas, con raíces e madeiras do monte, empregando tan só a súa navalla. Hoxendía ten un pequeno museo nesa localidade. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con ela, para que nos agasalle coa lectura dalgún dos seus feiticeiros poemas.



Falamos agora con JUAN RODRÍGUEZ GÓMEZ-DACAL, pertencente ao Centro Galego de Lleida, que nos comenta os actos que se están a desenvolver nesa cidade, con motivo da Semana Cultural dos Centros Rexionais, e nos que participa o Centro Galego cunha Conferencia que impartirá o Exmo. Señor Ex-Alcalde de Lugo, don José Lopez Orozco. Tamén nos comenta as moitas actividades que desenrolan.



Conectamos novamente con Galicia e nesta ocasión falamos co noso amigo e colaborador KIKE DE NAVIA, que ten preparadas algunhas informacións e comentarios.



Tiñamos pensado conectar co Centro Galego NÓS de Sabadell, que hoxe está de celebración: O Magosto, pero non puido ser. Disculpamos a non participación hoxe, dos nosos asiduos colaboradores, Xulio Simón, Tamara Andrés e Fernanda Follana, por mor de que teñen certas obrigas persoais que atender, e aproveitamos este momento para lerlles dúas poesías: Unha da propia Nieves Fernández Vidueira, e outra de Mercedes Taracido, que está no seu libro: "Por camiños e carreiros".



Comentamos a próxima realización da "IV Gala-Xantar Benéfica de Galiciame" para o día 6 de decembro, na Adega de Martin Codax, en Cambados, no que participa como presentador, xunto a Belén Xestal, o noso compañeiro Armando Fernández. Tamén aproveitamos para comentar algo relacionado co CD "Beiralúa" de Son de Seu, que vimos escoitando durante todo este programa de hoxe e despedímonos de todos vosoutros desexando que pasedes unha feliz semana. ¡¡¡Sintonícennos!!!.




sábado, 10 de novembro de 2018

SÁBADO 10 de NOVEMBRO do 2018

Un programiña máis, con todos vosoutros. Comezamos escoitando unha peza do CD que leva por título "As Cantigas de Elena", e conectamos co noso correspondente na Baixa Limia José Lamela Bautista, que ten preparada a conversa cun convidado especial don José Rodríguez Cruz, etnógrafo e grande coñecedor do patrimonio galego e moi en concreto do Couto Mixto. Falamos da próxima presentación, a vindeira fin de semana en Montalegre, dun seu libro "O Couto Mixto: Aspectos folcloricos", de Edicións Laiovento. E finaliza a súa intervención felicitándonos pola aprovación no Senado da proposta presentada por García Mañá, coa que se pretende declarar O Couto Mixto como Patrimonio Inmaterial. Ogallá se vexan cumpridos eses anceios. 


A segunda intervención é a de dona María XESÚS LAMA, a nosa amiga e Profesora da Universidade de Barcelona, á que saudamos e felicitamos públicamente por ter acadado o Premio Nacional de Ensaio, pola súa obra: Rosalía, Cantos de independencia e liberdade. ¡Moitos parabens e graciñas por atendernos!


Seguimos, e conectamos con TAMARA ANDRÉS, encargada da sección NO ESTRELAMPAR, que sempre ten moito que ver coa poesía e coa Cultura Galega en xeral.


Despois falamos con FERNANDA FOLLANA, a nosa correspondente nos Ancares, que ten preparada unha intervención moi ben estructurada, coa que nos enchemos de informacións e termina agasallándonos coa feiticeira lectura dun escrito adicado ao Carballo de Quindous. ¡Grazassss!


Na segunda hora sempre conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nesta ocasión tennos preparada a conversa con don ANDRES DACOSTA PAZ, grande coñecedor do Patrimonio de Combarro, pertencente á Asociación Cultural "A Solaina". Mágoa non termos máis tempo para dedicarlle as moitas informacións e coñecementos que nos transmiten. Noutra ocasión.


Para completar a información musical (CD "As Cantigas de Elena")  da que vimos disfrutando nos intervalos das conversa, falamos con PIPO ALVARIÑO, que é un dos músicos que recopilaron esas cancións tradicionais e tan feiticeiras, neto de Elena Alonso Pino (a muller de Toutón) que é a intérprete principal do CD, posto que grazas á sua aportación puideron compoñer tódalas cancións deste disco tan interesante. Agradecémoslle a súa amable atención.


E antes de finalizar, despois de ofrecerlles a lectura de dúas poesías, unha de Mercedes Taracido adicada á Lúa, e outra de Nieves Fenández Vidueira que ten unha mensaxe moi de actualidade, poñémonos en contacto co noso "Poeta da Mariña": PACO RIVAS, para comentar algunhas cousiñas e recoller a regalía que sempre nos envía en forma de declamación tan engaiolante.


Ate a vindeira semana, queridos oíntes e seguidores. Prometemos voltar con máis informacións, novidades e música. Non deixen de sintonizarnos e graciñas por estardes ahí.


domingo, 4 de novembro de 2018

SÁBADO 03 de NOVEMBRO do 2018

Novamente con todos vosoutros para ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos saudándoos e escoitando unha peza do ultimo CD "1952"de TANXEDORAS, para conectar co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao convidado desta semana don VICTOR PAZ, Periodista e gran coñecedor das Terras da Raia. Unha conversa que nos fai coñecer un pouco máis os inicios e percorrido da "Saga LUSITANO" de Lobios. Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos voltar a comunicarnos con el para que nos ilustre co seus coñecementos.


A seguinte comunicación é con Manolo Barcia e Alfonso M Martin, de ASOBECAT, que nos informan e convidan a participar da celebración do "Magosto Berciano" no Restaurante-Masía "Can MAURI" con cea composta dun menú especial que inclúe aperitivo, primeiro prato, segundo prato, pastel, viño, augas minerais, cervexa e refrescos, castañas de parede (de Noceda do Bierzo), café, infusións, queimada final e baile de despedida.


Despois falamos un chisco do libro de Mercedes Taracido: "Por camiños e carreiros", que é unha das lecturas máis recomendables pola sinxeleza e sinceridade coa que se explica.


Continuamos, a segunda hora, conectando coa nosa correspondente nos Ancares, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos ten preparada unha serie de noticias e comunicacións moi interesantes. Tamén nos fala dun deporte moi pouco coñecido e no que Lugo destaca pola grande participación e premios acadados.


Voltamos a falar do libro de Mercedes que nos ten moi "enganchados" e queriamos manter unha pequena conversa con ela, pero non nos foi posible. Tentarémolo en vindeiras datas.


A nosa colaboradora TAMARA ANDRÉS, na súa sección "No estrelampar", danos a coñecer algunhas noticias relacionadas coa cultura literaria e poética. Por certo aproveitamos para felicitala por ter acada o Segundo Premio no Certame Nacional de Poesía Miguel Hernández.


E a ultima parte do noso programa sempre lle-lo dedicamos a Paco Rivas, que nos ten preparada unha intervención moi feiticeira e agasallánanos coa lectura dunha das súas creacións do libro Picaraxadas.


Despedímonos de todos vostedes desexando que pasen unha semana moi feliz, e que volvan a sintonizarnos o vindiero sábado á mesma hora.

luns, 29 de outubro de 2018

SÁBADO 27 de OUTUBRO do 2018

Outro programa máis con todos vosoutros. Dámoslle a ben.vinda e saudamos ao equipo Laura Santos, Armando Fernández e Kiko Belinchón. Propoñémoslles que escoiten unha peza do ultimo CD de Son de SEU, titulado BEIRALUA, e conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela que nos presenta ao convidado de hoxe, don Xosé Benito Reza. Mantemos unha conversa chea de ensino e moi ilustrativa.

 

Despois conectamos coa A.C.G.Saudade, onde se atopa Santiago Lorenzo Sueiro, que nos fai de correspondente e pasamos a falar con don JUAN SANCHEZ PLANELL, que ten previsto presentar o seu libro BUENOS, MALOS Y UTOPÍAS

Seguimos con máis informacións e nesta ocasión falamos con don OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellá, que nos pon ao corriente das múltiples actividades que realizaron e das que están a piques de celebrar. Convídanos a celebrar e disfrutar do Magosto popular na Entidade, prevista para o vindeiro sábado 3 de novembro e moitas cousas máis, das que falaremos con máis detenemento en vindeiras emisións.



Continuamos na segunda hora, coma sempre, conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos ofrece unha crónica moi interesante sobre a figura de D.Ramón Otero Pedraio.

Henrique Ferdez-Mon Sánchez, que nos informa da presentación do libro de Manoel Carrete, no Castelo de Castro Caldelas, arroupado por varias personalidades políticas e da cultura, que leva por título Portela Valladares, Ante el Estatuto


Comentamos un chisco o libro de Mercedes Taracido, que nos acaba de chegar á Redacción: "Por Camiños e Carreiros". Un libro escrito con moita tenrura e sentimento, cheo de engado e con moitas historias e vivencias persoais da propia autora... 


Conectamos finalmente co noso poeta da Mariña, PACO RIVAS, que sempre ten unha intervención moi acaída e acaba a súa participación declamándonos dúas das súas creacións poéticas.


SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...