domingo, 4 de novembro de 2018

SÁBADO 03 de NOVEMBRO do 2018

Novamente con todos vosoutros para ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos saudándoos e escoitando unha peza do ultimo CD "1952"de TANXEDORAS, para conectar co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao convidado desta semana don VICTOR PAZ, Periodista e gran coñecedor das Terras da Raia. Unha conversa que nos fai coñecer un pouco máis os inicios e percorrido da "Saga LUSITANO" de Lobios. Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos voltar a comunicarnos con el para que nos ilustre co seus coñecementos.


A seguinte comunicación é con Manolo Barcia e Alfonso M Martin, de ASOBECAT, que nos informan e convidan a participar da celebración do "Magosto Berciano" no Restaurante-Masía "Can MAURI" con cea composta dun menú especial que inclúe aperitivo, primeiro prato, segundo prato, pastel, viño, augas minerais, cervexa e refrescos, castañas de parede (de Noceda do Bierzo), café, infusións, queimada final e baile de despedida.


Despois falamos un chisco do libro de Mercedes Taracido: "Por camiños e carreiros", que é unha das lecturas máis recomendables pola sinxeleza e sinceridade coa que se explica.


Continuamos, a segunda hora, conectando coa nosa correspondente nos Ancares, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos ten preparada unha serie de noticias e comunicacións moi interesantes. Tamén nos fala dun deporte moi pouco coñecido e no que Lugo destaca pola grande participación e premios acadados.


Voltamos a falar do libro de Mercedes que nos ten moi "enganchados" e queriamos manter unha pequena conversa con ela, pero non nos foi posible. Tentarémolo en vindeiras datas.


A nosa colaboradora TAMARA ANDRÉS, na súa sección "No estrelampar", danos a coñecer algunhas noticias relacionadas coa cultura literaria e poética. Por certo aproveitamos para felicitala por ter acada o Segundo Premio no Certame Nacional de Poesía Miguel Hernández.


E a ultima parte do noso programa sempre lle-lo dedicamos a Paco Rivas, que nos ten preparada unha intervención moi feiticeira e agasallánanos coa lectura dunha das súas creacións do libro Picaraxadas.


Despedímonos de todos vostedes desexando que pasen unha semana moi feliz, e que volvan a sintonizarnos o vindiero sábado á mesma hora.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...