sábado, 17 de novembro de 2018

Sábado 17 de Novembro do 2018

Comezamos outro programa máis, con todos vosoutros, ofrecéndolles escoitar pezas do 5º CD da Orquestra de Folk"Son de Seu", que leva por título "BEIRALUA", e que nos serve para poñernos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista. Hoxe atópase en Montealegre, axudando á presentación do libro: "Couto Mixto. Aspectos Folclóricos", do amigo etnólogo José Rodríguez Cruz, do que nos falou a semana pasada concretamente neste noso programa. Preséntanos a don Xosé González Martínez, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e con informacións varias sobre algunhas actividades moi importantes, relacionadas co noso idioma galego, así como a celebración dunha homenaxe que se lle vai tributar a Chano Piñeiro a vindeira fin de semana en Vigo.



Despois de escoitar novamente unha peza do CD mencionado ao principio (Beiralúa) conectamos novamente con Galicia, nesta ocasión con Quintela do Pando, un pobiño do Concello de Viana do Bolo, onde se atopa a nosa moi admirada Poeta Pastora: NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, coa que mantemos unha conversa moi animada falando das súas creacións poéticas e das figuras artísticas que ela mesmo fixo durante moitas xornadas, mentres coidaba as ovellas, con raíces e madeiras do monte, empregando tan só a súa navalla. Hoxendía ten un pequeno museo nesa localidade. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con ela, para que nos agasalle coa lectura dalgún dos seus feiticeiros poemas.



Falamos agora con JUAN RODRÍGUEZ GÓMEZ-DACAL, pertencente ao Centro Galego de Lleida, que nos comenta os actos que se están a desenvolver nesa cidade, con motivo da Semana Cultural dos Centros Rexionais, e nos que participa o Centro Galego cunha Conferencia que impartirá o Exmo. Señor Ex-Alcalde de Lugo, don José Lopez Orozco. Tamén nos comenta as moitas actividades que desenrolan.



Conectamos novamente con Galicia e nesta ocasión falamos co noso amigo e colaborador KIKE DE NAVIA, que ten preparadas algunhas informacións e comentarios.



Tiñamos pensado conectar co Centro Galego NÓS de Sabadell, que hoxe está de celebración: O Magosto, pero non puido ser. Disculpamos a non participación hoxe, dos nosos asiduos colaboradores, Xulio Simón, Tamara Andrés e Fernanda Follana, por mor de que teñen certas obrigas persoais que atender, e aproveitamos este momento para lerlles dúas poesías: Unha da propia Nieves Fernández Vidueira, e outra de Mercedes Taracido, que está no seu libro: "Por camiños e carreiros".



Comentamos a próxima realización da "IV Gala-Xantar Benéfica de Galiciame" para o día 6 de decembro, na Adega de Martin Codax, en Cambados, no que participa como presentador, xunto a Belén Xestal, o noso compañeiro Armando Fernández. Tamén aproveitamos para comentar algo relacionado co CD "Beiralúa" de Son de Seu, que vimos escoitando durante todo este programa de hoxe e despedímonos de todos vosoutros desexando que pasedes unha feliz semana. ¡¡¡Sintonícennos!!!.




Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...