sábado, 28 de marzo de 2026

SÁBADO 28 de MARZO do 2026

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Hoxe, último programa do mes de marzo, antes da Semana Santa, disculpamos a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que está un pouco indisposto, e desexámoslle que pronto se recupere. Grazas a Kiko Belinchón, o noso técnico, encargado de que esto saia adiante con ben. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY. A súa crónica semanal danos a coñecer algunhas noticias interesantes daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Xa saben os nosos seguidores que este programa voltará a escoitarse en Radio Roncudo o domingo a partir das dez da mañá e tamén se re-emitirá en Radio Fene o luns próximo. Agradecemos a colaboración do noso correspondente Oscar e desexamos que teñan unha Feliz Semana Santa.

A seguinte comunicación é con ANXO BARANGA, da ACGB (Asemblea Cultural Galega Barcelona), que nos fala da celebración do "Proxecto Casos e Cousas" (empregando o "Cata-Galego")que se está a desenvolver dende fai anos, e que xa ten concertada as súas intervencións en diversas Bibliotecas e Centros Galegos de Cataluña, como pode ser o Centro Galego de Barcelona para o vindeiro 18 de abril, o domingo 19 de abril na Violeta (Gracia), o 21 de abril, martes, na Biblioteca Merçé Rodoreda (Horta Guinardó)... etcétera. Poden informarse máis detidamente na páxina da ACGB. Agradecémoslle a súa información e desexámoslle que teña moito éxito.

Conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha proposta interesante para visitar, acompañada dunha descrición interesante, por veces pouco coñecida e que paga a pena achegarse a coñecela. Nesta ocasión fálanos da súa viaxe a Valga, unha poboación pertiño de Padrón. Recomenda achegarse á fervenza da Palafita e desprazarse á poboación de Martores, onde din que se atopa o sartego de Prisciliano. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexamos que teña unhas Felices Pascuas.

Informamos dos próximos eventos que ten previsto realizar a nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e, despedimos o programa anunciando as seguintes intervencións: o noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón e a entrevista a BIEITO ROMERO, do Grupo de Música Folk LUAR NA LUBRE.


Aquí deixamos a colaboración de XULIO SIMÓN.

A continuación temos a gravación da entrevista a BIEITO ROMERO, do Grupo de Música Folk LUAR NA LUBRE, que virá a Barcelona o día 11 de abril, para ofrecer un Concerto e tocar algunhas das próximas pezas que se publicarán no Libro-CD previsto para o mes de maio.

Deixamos aquí o programa completo - Enteiro.

sábado, 21 de marzo de 2026

SÁBADO 21 de MARZO do 2026

Unha nova emisión do "Semprengalica" con visita importante para nosoutros: MODESTO CARRIL, DAYANA DÍAZ e a mánager JANA. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, enviamos os nosos saúdos aos escoitantes e seguidores, dámoslle as grazas aos visitantes e tamén ao noso técnico, Kiko Belinchón. Escoitamos un bocadiño de música para adubiar un chisco esta entradiña. A continuación falamos con DAYANA DÍAZ, mezzosoprano, de ascendencia italo-arxentina. Agradecémoslle a súa presencia nos estudios e agasállanos interpretando esa fermosa peza: Granada, "a capela". Un pracer e unha honra para todos nosoutros.

Continuamos o programa e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos informa dos aconteceres daquela contorna galega. É unha escolla das moitas que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. E volve a lembrarnos que mañá, domingo poderá escoitarse novamente este noso programa en Radio Roncudo. O luns en Radio Fene, como cada semana. Agradecémoslle a súa colaboración tan estimada.

Máis música para continuar e falamos con MODESTO CARRIL, que foi quen nos trouxo a Dayana Díaz. Coméntanos cómo se coñeceron e cómo participa dirixindo a "Coral Petit Cor", de Barcelona. É Profesora de música.

Poñémonos en contacto con FERNANDO DE PAZ, Presidente de AMEGA, Asociación de Medios en Galego. Coméntanos cales son os obxectivos que ten previsto levar adiante e cómo están a traballar para que esta Asociación e os medios de comunicación en galego teñan máis presencia. O fundamental é acadar que os medios teñan un cometido máis formal e con moito máis recoñecemento. Concretamente un logro acadado é que o día 7 de febreiro recoñeceuse, a nivel institucional, como o "Día dos Medios en Galego". Desexamos que teña moito éxito neses proxectos e seguiremos esa traxectoira galeguizadora.

Máis música para continuar o programa e recibimos a crónica do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que se atopa en Viana do Bolo para recoller información e videos desa grande exposición ceha de engado que se está a celebrar: a "VIBO-MASK-2026", Festival Internacional de Máscaras en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. A participación de máis de mil duascentas persoas amosando esas máscaras tanto de Galicia como doutras cidades da península, xunto con algunhas de Portugal e varias localidades do resto de Europa. Ao parecer xúntanse perto de quince mil persoas nesta celebración. Os interesados poden admirar a reportaxe gráfica e tamén video-gráfica que comparte o noso correspondente na súa páxina. Agradecémoslle a súa colaboración.


Voltamos a falar con Dayana Díaz, que nos da cumprida información sobre unha próxima actuación súa, xunto con algúns dos seus alumnos, no Certame previsto para o vindeiro día 27 de marzo no Ateneu de Poblet, na rúa Nápoles, 268, a partir das 19 horas, co título: "Veus de la dona", con entrada libre. Volve a agasallarnos coa interpretación, "a capela" doutro pequeniño adianto operístico fermosísimo. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe, e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos. Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro sábado á mesma hora.


A continuación escoitamos a entrevista que lle fixemos esoutro día a ANTONIO ÁLVAREZ, Presidente da Asociación "Castaño e Nogal" de Quintá de Cancelada, que nos visitou aproveitando a súa estancia en Cornellà, posto que viña de recoller a "Bandeira Azul" que lle entregaron en Cullera, concedida á Ruta Quinta - Río Donsal PR-G 159, promocionada precisamente por esa Asociación. Parabenizámolo e agradecémoslle a participación no programa.


Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


sábado, 14 de marzo de 2026

SÁBADO 14 de MARZO do 2026

Comezamos outro sábado máis coa nosa sintonía musical de sempre, as nosas salutacións, disculpando a ausencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que non pode acompañarnos hoxe. Ofrecémoslles unha primeira peza musical que pertence ao Disco PORTALÉN, do Grupo Musical TREIXADURA, que hoxe mesmo presentarán nun concerto que ofrecerán no Teatro AFundación de Vigo. É para nosotros unha primicia que compartimos con todos vosoutros, e sérvenos para recibir ao noso correspondente OSCAR REY, que nos fai chegar a súa colaboración semanal, en forma de crónica informativa dos aconteceres na Costa da Morte. Repetimos, coma sempre que se poden ampliar esas súas noticias na páxina quepasanacosta.gal e que mañá, domingo, emitirase este programa en Radio Roncudo a partir das dez da mañá. Tamén se pode escoitar en Radio Fene o luns. Moitas Grazas, Oscar!!!

Continuamos escoitando máis música de Treixadura e, poñémonos en contacto co noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos da súa visita ao Carboeiro, en Silleda. Concretamente nos fala do Mosteiro de San Lourenzo do Carboeiro, da esplendorosa construción benedictina e cóntanos a lenda que escoitou relacionada coa "Ponte do Demo" que se atopa un bocadiño máis abaixo, camiño do río Deza.  Sempre é un pracer escoitar a súa aportación.

Despois doutra peciña musical, falamos con CARMEN ALBA SILES, Directora de Amaltea Cultura, dende o ano 2003. Comezamos falando da Ruta Quintá-Río Donsal PR G 159, que percorreu en inverno e en verán, contemplando unha paisaxe de natureza exhuberante. Fai unha referencia especial dirixida á mai de Antonio Álvarez, Serafina González... Agradecémoslle a súa amable atención e, nos poucos minutos de conversa que mantivemos con ela, descubrimos unha persoa moi implicada na atención ás persoas. Quedamos en continuar a entrevista con máis tempo e máis contido en vindeiras emisións.
 

Anunciamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN, e propoñemos que escoiten as dez pezas musicais portuguesas que se poden votar na páxina de aRi(T)mar.gal Galiza e Portugal. E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Colaboración de XULIO SIMÓN RÚA, dende Cobarro.

Proposta para escoitar as dez pezas musicais elexidas para poder votar na páxina de aRi(T)mar.gal de Galiza e Portugal, que teñen de tempo ata o próximo día 27 de marzo. A semana pasada ofrecímoslles as dez pezas musicais galegas. Tamén se pode votar pola poesía Galega ou Portuguesa. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro. 

sábado, 7 de marzo de 2026

SÁBADO 7 de MARZO do 2026

Unha nova emisión do "Semprengalicia" de cada sábado. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e exusando ao noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa indisposto, pero desexámoslle que pronto se recupere, e como nos dí un colega compañeiro de emisión, tendo presente ese dito: "o xunco doméase e avanéase, pero sempre se mantén en pé". Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con ROCÍO, da Asociación Cultural San Roque de Arantei, que teñen previsto comezar hoxe mesmo, a partir das 19h un evento moi importante: "Ruta de Bodegas". Consiste na visita a catro adegas da localidade, na que se poderán degustar diversos pinchos e acompañalos co viño das mesmas, tinto ou blanco, asegún así o elixan os participantes. No final haberá degustación de postres e unha barra con música a cargo da Carrilla Disco Pub, ata que o corpo aguante. Desexámoslle que teñan moito éxito!!!


Falamos con FABIÁN, Asociación C.G.Airiños da Nosa Galicia en Santa Coloma de Gramenet, que teñen previsto realizar unha Conferencia-Coloquio na sede do "Centre Excursionista Puigcastellar" de Santa Coloma o próximo luns día 9 a partir das 19h. Unha sesión que será impartida polo Presidente, don Antonio Álvarez González, da Asociación Castaño e Nogal, promotora e impulsora da Ruta Quintá - Río Donsal, nos Ancares Lugueses, PR - G 159, que ven de recibir a Bandeira de Sendeiro Azul no Castelo de Cullera. Felicitámolos e desexamos que disfruten dese evento, agradecéndolle a súa comunicación e participación.

Recibimos a crónica-aportación do noso viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha proposta a visitar moi interesante, nesta ocasión trasladouse a vila de Muros, para recoller información do Muiño de Mareas, que seica é o máis grande que temos en Galicia. Aproveitou a ocasión para achegarse ao Monte Louro e contemplar o Convento do século XIII, xunto co cemiterio da parroquia, onde atopou unha curiosidade, que pensa completar nunha próxima visita. Trátase da colocación moi meticulosa de cunchas que existen, nalgúns túmulos. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslle feliz semana.


Anunciamos a celebración da presentación do libro. Unha pedra no zapato, de Rosalía GT, que se está a producir na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Despois haberá unha merenda ofrecida polas donas da Entidade. Tamén comentamos e excusámonos porque non podemos contar hoxe coa crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey, pero informamos dalgunhas noticias daquela contorna. Mañá poderase escoitar este programa en Radio Roncudo, a partir das dez da mañá. Tamén se reproducirá en Radio Fene o luns próximo. A ampliación das noticias pódense revisar na páxina quepasanacosta.gal, que tan ben recollen as novidades. E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.



Escoitamos as dez pezas musicais galegas, propostas polo Xurado de aRi(T)mar.gal, para ser elixida como mellor tema musical galego. Os interesados poden votar na páxina indicada. As propostas como músicas portuguesas e a elección do mellor poema galego, así como tamén o mellor poema portugués, tamén están nesa páxina. Nosoutros tentaremos ofrecérlle-las en vindeiras emisións, pero o espazo é cativo para o que podemos ofrecerlles. Desexamos que sirva como anticipo do que poden escoitar nesa páxina do aRi(T)mar.gal Galiza e Portugal.


Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


sábado, 28 de febreiro de 2026

SÁBADO 28 de FEBREIRO do 2026

Outro sábado máis con todos vosoutros. Temos que disculpar ao noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa algo indisposto e non pode estar con nosoutros. Desexamos que pronto se recupere. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre ten preparada unha crónica resumida dos aconteceres daquela contorna. Os interesados poden ampliar esas novidades na páxina quepasanacosta.gal, e volve a indicarnos que este programa re-emítese mañá, domingo, en Radio Roncudo a partir das dez da mañá. Agradecémoslle a súa aportación semanal. Aproveitamos para indicar que tamén se re-emite este programa en Radio FENE, concretamente o luns.

.

A seguinte comunicación é con VANESA RODRÍGUEZ, que é unha das encargadas de poñer en marcha e celebrar o "2º Cocido da PENELA", nesa mesma localidade cercana a Monforte de Lemos. Son un grupo de perosoas inquedas que se decidiron a celebrar esa Festa o próximo día 7 de marzo. Esta localidade é o lugar de nacemento de Julia Otero. Desexamos que teñan moito éxito neste evento.

Continuamos o programa e poñémonos en contacto con don ANTONIO ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogueira, a quen felicitamos porque acaban de concederlle a distinción de "Sendeiro AZUL" á Ruta Quintá-Río Donsal, que esta Asociación puxo en marcha alá polos anos de dous mil dez. Fainos unha pequena descrición do lugar e recomenda visitar a súa páxina http://asociaconcastanoynogal.com, para ter un completo coñecemento tanto da situación como do seu percorrido. Teñen un QR que se pode descargar. Agradecémoslle a súa amable información.

Falamos con don OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieiría de Galicia). Infórmanos da recente convocatoria do XVI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai". Este evento xa ten unha traxectoria moi consolidada. A data de recepción das propostas e participacións remata o día 31 de marzo. Prémianse varias categorías, ata os 12 anos, dos nenos e nenas que participan. O ano pasado tiveron unha participación de dez mil deseños. Celebrarán a entrega dos premiados en Santiago de Compostela, no Centro Galego de arte Contemporáneo o día un de maio. Agradecémoslle a súa información detallada e desexámoslle que teñan moitos éxitos.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, concretamente dende Becerreá. Felicitámola pola coordinación que fixo na celebración deportiva con máis de 60 rapaces no seu colexio a semana pasada. Coméntanos algunhaas cousas relacionadas cun mural que foi diseñado e cofeccionado por dous profisionais da zona. Tamén nos fala de Nemesio Cobreros, de Becerreá, que ela quere nomealo como o "Gaudí de Lugo" polas súas fermosas costruccións. Agradecémoslle a súa colaboración.

O noso correspondente viaxeiro e reporteiro-documentalista XOAN ARCO DA VELLA, coméntanos a visita que realizou á localidade de Armariz, perto de Ourense, onde se xuntaron varios grupos de Entroidos galegos de relevancia, entre os que se atopaban representantes de Pradocabalos, os Felos de Esgos, Pantallas de Xinzo, A Mourela de Manzaneda... etcétera. Aproveitando esa visita tan interesante achegouse ao Rinconciño de Valdomar onde disfrutou dun xantar moi recuperador. Agradecémoslle a súa descrición e reportaxe. Despedimos o programa, indicando que a continuación escoitaremos ao noso colaborador Luís Losada.

"Palabras Voadoras" de LUÍS LOSADA, dende Pontevedra, recomendando a lectura dun libro de Iria Collazo: "Os mortos que amei". Comentario moi interesante que agradecemos e compartimos cos nosos escoitantes e seguidores.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


sábado, 21 de febreiro de 2026

SÁBADO 21 de FEBREIRO do 2026

Comezamos unha nova emisión do "Semprengalica" coa nosa sintonía, as salutacións e disculpando a presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa convaleciente e está a recuperarse dunha pequena indisposición. Desexamos que pronto se recupere. Escoitamos un bocadiño de música e conectamos con Galicia para recibir a crónica informativa do noso correspondente OSCAR REY, dende a Costa da Morte. O resumo de novidades que comparte con nosoutros pódense ampliar visitando a páxina quepasanacosta.gal. Tamén volve a repetir que este programa se repetirá mañá domingo en Radio Roncudo, e o luns en Radio Fene. Agradecémoslle a súa colaboración.


Escoitamos unha peza musical e namentres informamos dalgunhas novidades relacionadas co Centro Galego de Barcelona, que nos chegaron á Redación. Tamén comentamos a próxima celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que complementaremos en  próximas datas.


Coa música de fondo recibimos ao Sr. Alcalde do Concello de Mondariz, donPABLO BARCIA,
a quen felicitamos polas diferentes actividades das que temos noticia, moi especialmente a inauguración da escultura que se fixo en Toutón, con motivo da celebración do "XXX Serán do Namorados", e que tivemos cumprida información a semana pasada. Aproveita para darnos a coñecer algunhas informacións moi precisas e interesantes deste Concello con moita historia, grande patrimonio e ofertas de lecer para visitar e disfrutar no seu entorno. Agradecémoslle a súa amable atención.

Falamos con HUGO CABANO, da Asociación de Veciños do Val de Torés, no Concello de As Nogais. Coméntanos que están a traballar para acadar un mellor mantemento e conservación do BIC que é a Torre medieval de Torés, xa que últimamente tivo un pequeno derrube, e se non toman cartas no asunto as autoridades competentes, pode converterse nun monumento completamente derruído. Desexamos que teñan moita sorte coa súa reivindicación e ogallá consigan o obxectivo que pretenden.

A segunda hora comezámola recibindo a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos da cumprida información dalgunhas novidades acontecidas naquela contorna. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos que siga disfrutando da fin de semana.

Tamén conectamos co noso correspondente viaxeiro e documentalista gráfico, XOAN ARCO DA VELLA, que sempre nos procura unha visita curiosa e pouco coñecida. Nesta ocasión dinos que se desplazou pertiño da súa residencia, á zona da Barbanza, ao norte da Ría de Arousa, para visitar a Capela de San Alberte de Ribeira (do século XI). Coméntanos a lenda que lle atribúen. Tamén se achegou a Corrubedo, e fainos unha descrición moi interesante relacionada co Faro, que os veciños lle chaman o "Faro Comunista", por mor da cor que refrexa, segundo o lugar dende o que se divisa. ¡Moitas grazas Xoan!


Despedimos o programa anunciando que a continuación temos a colaboración do noso correspondente, e desexámoslles que teñan unha feliz semana.

Comezando cunha peza de música, escoitamos a colaboración do noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión está centrada sobre outro instrumento tradicional galego, pouco coñecido: A trompa, birimbau, guimbarda ou arpa de boca. Finaliza ofrecéndonos unha peza tocada con este instrumento.

 

 Deixamos aquí o Programa Completo - Enteiro.


sábado, 14 de febreiro de 2026

SÁBADO 14 de FEBREIRO do 2026

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recbir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre nos ten preparada unha crónica de informacións e novidades relacionadas con aquela contorna. Consiste nun resumo acelerado que escolle para darnos a coñecer algúns aspectos que recollen asuntos culturais e de outra índole que nosoutros agradecemos e a nosa audiencia tamén. Pódese ampliar esta información na paxína quepasanacosta.gal. Xa saben os nosos escoitantes que este programa volverá a emitirse mañá, domingo, a partir das dez da mañá, en Radio Roncudo, e en Radio Fene  ao día seguinte.

O seguinte convidado é PEPE FORMOSO, do Bela Fisterra e do Albergue Bela Muxía, que sempre ten algunha novidade que comunicarnos. Nesta ocasión felicitámolo pola súa participación no FITUR, como Presidente da Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte (APTCM). Foron a presentar o libro da Costa da Morte, que se pode visualizar na páxina  https://guia.visitacostadamorte.com/libro/ A verdade é que a súa participación e colaboración sempre é moi ben acollida. Agradecémoslle a súa colaboración.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto con XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Presidente do Foro E. Peinador, e impulsor de moitas e importantes actuacións para a "Galeguizar Galicia". Parabenizámolo porque acaban de realizar unha reunión de traballo para extender o uso da lingua galega no ámbito da Policía Nacional en Galicia e coa directiva da Irmandade Xurídica Galega. En primeiro lugar fainos unha pequena semblanza de Xesús Alonso Montero, con quen mantiña certa relación cordial, e precisamente con motivo do seu pasamento acaba de publicar un artigo no Faro de Vigo, baixo o título "A manda testamentaria de Xesús Alonso Montero". Agardecémoslle a súa amable atención e información detallada. É unha honra recibir a súa colaboración.

Recibimos a crónica, colaboración do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico e documentalista, XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha recomendación moi interesante para visitar. Nesta ocasión achegouse a Toutón, onde están a celebrar o "XXX Serán dos Namorados" O máis grande do mundo, tal e como indican no seu cartel publicado. A verdade é que esta celebración ancestral ten un contido pupular e tradicional algo fora do común, que se completa co Homenaxe ás Pandereteiras, un xantar popular, a tradicional "Corrida do Ghalo", acompañados polos gaiteiros e a actuación das Pendereteiras "Lagharteiras", e finaliza ás 13 da noite con petiscos para os asistentes e chocolatada. Algo fermoso e digno de visitar. ¡Moitas Grazas Xoan!

Despedimos o programa falando do "XXII Festival del Botillo-2026" organizado por ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) no Hotel FrontAir Congress de Sant Boi, previsto para mañá a partir das 12h. Tamén anunciamos a seguinte colaboración.

Escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos fai unha pequena semblanza do recentemente finado Profesor don XESÚS ALONSO MONTERO, e continúa a súa exposición con asuntos culturais de relevancia.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


SÁBADO 28 de MARZO do 2026

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Hoxe, último programa do mes de marzo, antes da Semana Santa, disculpam...