Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY. Sempre ten preparada unha crónica reducida da maioría das novas informativas daquela contorna. A súa aportación é unha bocanada de aire fresco para os nosos escoitantes e seguidores, que nos agradecen esta conexión semanal para saber un chisquiño máis dos aconteceres daquel entorno galego tan fermoso. Agradecémoslle a súa colaboración e despedímolo con outro anaquiño de música.

Poñémonos en contacto con
FELIPE REA OTERO, que nos fixo chegar unha nova moi interesante: Participa el, xunto co seu fillo e a súa dona (música familiar, como el mesmo a define) no "III Concurso de Composición Música Tradicional para nuevas músicas" da Fundación Lola Pérez Rivera, en Aranda de Duero. Coméntanos que é unha composición feita con gaita. Indicamos aos nosos escoitantes e seguidores que poden meterse na páxina da Fundación para votar pola composición de Felipe. Conversamos algo sobre a súa traxectoria musical, que se remonta a moitos anos atrás. Propoñémoslle que poidamos continuar esta pequena conversa noutro momento para coñecer, máis polo miúdo, as súas composicións musicais e concertos. Prometémoslle voltar a conectar con el para completar esa información e agradecémoslle a súa amable atención e comunicación. Desexámoslle moitos éxitos.
Recibimos ao noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico
XOAN ARCO DA VELLA. Hoxe cóntanos a descuberta dunha documentacion moi interesante, relacionada coa participación moi especial do crego Don Rogelio, na parroquia do Santuario do "Cristo de Xende", Concello de A Lama. Seica neste lugar traballaron, en complot co servizo de intelixencia do Reino Unido, para poder axudar aos refuxiados e escapados da segunda guerra mundial. O lugar, ademais é espectacular, alomenos o cruceiro que alí se atopa. Fermosa aportación a de hoxe, Xoan. Moitas grazas pola túa colaboración.
.
Tamén comentamos a "XIII Festa do Pulpo" do Centro Galego NÓS, que se celebra no Eix Maciá de Sabadell os días 6, 7 e 8 de novembro. Informounos o seu Presidente, Manuel Vazquez Osorio, que o Magosto-2026 celebraránno a fin de semana seguinte, o día 14 de novembro. Que teñan moito éxito.
E finalizamos o programa dando a coñecer algunhas novas chegadas á Redacción, adubiadas con algunhas peciñas musicais. E aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario