sábado, 28 de novembro de 2026

SÁBADO 28 de NOVEMBRO do 2026

Un sábado máis con todos vosoutros. Dúas horiñas de Radio en galego, para entreter, informar e entrevistar a persoeiros interesantes. Crónicas dos nosos correspondentes e noticias acompañadas de música. Despois das salutacións ofrecémoslle un bocadiño de música para poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre nos ofrece as noticias escollidas daquela contorna, aínda que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Lémbranos que este programa volverá a emitirse mañá, domingo a partir das 10 da mañá en Radio Roncudo, e tamén se poderá escoitar en Radio Fene o luns. Agradecémoslle a súa colaboración e desexamos que teña unha feliz semana.

Continuamos o programa e, despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto con FERRÁN BOTIFOLL. Actor e Director Teatral en Nigrán. Conversamos con el para que nos informe da tarefa teatral que veñen desenvolvendo últimamente. Onte mesmo, venres, estiveron interpretando a obra: "O que Calamos", en Tui. Xunto coa súa compañeira Marien Breis, son os que se encargan de levar adiante ese proxecto Teatral que chaman Denigrantes Comediantes, pertencente á FETEAGAL (Federación Teatral Afeccionada de Galicia). Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Recibimos ao noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha localidade que recomendarnos para visitar e fotografar. Nesta ocasión fálanos da Costa da Vela, e detense a explicarnos o lugar emblemático que corresponde á zona onde se atopan os tres Faros: O de Cabo Home, o da Punta Robaleira e o de Punta Subrido. Unha zona que paga a pena visitar, mellor cara o final do atardecer para poder contemplar e fotografar a posta do sol. Dende ese lugar se contemplan as Illas Cíes e unhas vistas paisaxísticas espectaculares.

Falamos con FRANCISCO LÓPEZ, da explotación apícola MEL DO CAPÓN, na localidade de Cervo. Felicitámolo por ter acadado a Prata na "XV Cata de Meles de Galicia". Un premio que el adica a toda a familia que traballa para poder ofrecer un produto de grande calidade. Segundo nos explica é o cuarto da xeneración da súa familia que se dedica a esta profisión, non reglada oficialmente, pero que están a traballar para innovar e poder aportar modernidade á apicultura. Investigando e empregando as novas tecnoloxías para mellorar a produtividade e un uso ecolóxico da mesma. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Despedimos o programa cun bocadiño de música máis. Avanzando a próxima colaboración.

Ofrecémoslles a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Unha intervención cultural moi interesante. Finaliza interpretancdo unha peza moi particular coa súa guitarra.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 28 de NOVEMBRO do 2026

Un sábado máis con todos vosoutros. Dúas horiñas de Radio en galego, para entreter, informar e entrevistar a persoeiros interesantes. Crónic...