Comezamos unha nova emisión do noso programa dándolle a ben-vinda a
ANA ISABEL BOULLÓN, Presidenta do Xurado
"XL Certame Internacional de Poesía Rosalía de Castro" e a
ARMANDO REQUEIXO, tamén membro do Xurado. Visítannos e agradecemos a súa presencia nos estudios. Unha honra poder compartir con eles estes minutos de iniciación do programa. Comentamos un chisco cómo foi a deliberación para a elección dos premiados, do día anterior e poñemos un bocadiño de música para ir adubiando o programa.
Baixamos a música e recibimos a
PEPE FORMOSO, ese noso grande amigo comunicador e responsable do
Hotel Literario Bela Fisterra e do
Albergue Bela Muxía. Felicitámolo porque un documental poético foi escollido e finalista nun concurso en Irlanda. Tamén nos comunica a recente celebración, no Bela Muxía, dese evento relacionado con Rosalía de Castro e Lorca. Dámoslle a Ben-vinda a
REXINA VEGA, membro do Xurado do Certame denantes comentado. E aproveitamos para anunciar que temos que desprazarnos á Asociación C.G.Rosalía de Castro, porque teremos que asistir á "Festa da Poesía" na Entidade: Presentación dos dous poemarios
"No Círculo" de Pura Salceda e
"Lázara" de Rexina Vega. Todo elo será o anticipo da cea de convivio e publicación dos premiados no Certame que mencionamos.
Escoitamos outro bocadiño de música e recibimos a crónica do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha suxerencia de visita interesante e con alguna que outra anécdota complementaria. Agradecémoslle a súa aportación semanal.
Recibimos a crónica de FERNANDA FOLLANA NEIRA, dende os Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá. Nesta ocasión céntrase nunha descrición moi interesante, relacionada coa localidade de Cervantes. Agradecémoslle a súa colaboración.
Propoñémoslle a escoita de varias pezas musicais, para completar a emisión de hoxe.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario