Comezamos unha nova emisión do "Semprengalicia" de cada sábado, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas, disculpando a presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que hoxe non pode acompañarnos, por mor dunha pequena molestia. Desexamos que rponto se recupere. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos fai unha pequena descrición informativa do que acontece naquela contorna. Pódense ampliar estas noticias na páxina quepasanacosta.gal, e lémbranos que mañá, domingo a partir das dez da mañá, poderase escoitar novamente o noso programa en Radio Roncudo. Tamén se emitirá en Radio Fene, como indicamos cada sábado.

A segunda intervención é a de
MANUEL VELASCO, escritor e conferenciante, que onte impartiu unha Conferencia con motivo da inauguración da "Festa das Letras no Camiño" organizada pola
Irmandade Galega de Rubí. Falounos de Begoña Caamaño, que é a escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas do 2026. Deunos a coñecer a biografía desta periodista e escritora galega que faleceu moi nova, pero que tivo unha repercusión importante na sociedade galega do momento. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no programa.
Falamos con ANTONIO DÍAZ, Director da Revista "Lua Nova", e tamén da revista, recentemente publicada, de Can Mercader, que recolle algúns artigos de importancia, xunto cos "Saúdas" de diversas personalidade políticas, como o Presidente da Generalitat, o Presidente do Parlamento Galego, a Presidenta da Deputación de Barcelona, o Presidente da Xunta de Galicia, o Secretario Xeral de Emigración da Xunta e o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro. Tamén recolle unha biografía de Begoña Diaz, a convocatoria do "XL Certame Internacional de Poesía "Rosalía de Castro", convocado pola nosa Entidade. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle que teña un feliz día de aniversario. Tamén se inclúe na Revista o cartel informativo sobre a Festa Galega de Can Mercader, durante os días 5, 6 e 7 de xuño próximo.
Recibimos a
ANA, responsable de Prensa do Concello de Redondela, que nos fala da recén estreada
"Festa da Coca" de Redondela. Un calendario de celebración durante nove días, dende hoxe mesmo, 30 de maio ata o día 7 de xuño próximo. Sacan a "Coca" ese dragón ancestral que pasea polas rúas con alfombras florais, sobrea as que pasará a procesión da Virxe, tamén se poderá ver a Danza das espadas e a Danza das Penlas, declarada de Interese Turístico Galego. Desexámoslle que teñan moito éxito. Agradecémoslle a súa ampla e completa información sobre esta Festa de Redondela.
Continuamos o programa e recibimos a
CRISTINA OLIVA, recente gañadora do
"IX Certame Literario de Relato Curto "Manoel Rivas" convocado polas
Irmandade Galega de Rubí. Parabenizámola por ese relato que leva por título Longina". Coméntanos que ese relato é unha homenaxe a súa mai, que seu nome é precisamente o título do relato. Está basado nun feito real familiar, ainda que novelado, moi relacionado coa emigración. Fálanos da súa creatividade escrita, que ultimamente está centrada na poesía. Desexamos que teña moito éxito.
Recibimos a colaboración do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que hoxe nos fala da recollida das herbas para empregar o día de San Xoan. Comenta que xa ten recollidasa algunhas das sete que ao parecer son as que se deben empregar, aínda que nalguns lugares de Galicia ao parecer empregan algunha herba máis, ata nove, segundo nos comenta. Tamén nos fai unha reflexión sobre un achádego de grande relevancia relacionado coa restauración dun peto de ánimas dunha aldea. Desexamos que teña unha feliz semana.
Finalizamos o programa coa crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos deleita cunha aportación cultural interesante, e finaliza coa proposta de escoitar unha peza musical escollida para esta ocasión.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario