sábado, 11 de abril de 2026

SÁBADO 11 de ABRIL do 2026

Unha nova emisión deste programa en galego, que comeza sen a presenza do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, por mor dunha obriga persoal, xa que tivo que desplazarse a Galiza, por asuntos persoais. Dámoslles a ben-vinda e comezamos estrenando unha peza do Grupo ALANA, que acabamos de recibir a novidade de que veñen de presentar o seu último CD titulado "Un saber". Esta peza sírvenos para recibir á primeira convidada. CARMEN PENIM, Licenciada en Filoloxía Hispánica e Doutora en Educación, unha polifacética artista e escritora que temos en grande estima e coa que comentamos varias cousas relacionadas coa súa creatividade. En primeiro lugar parabenizámola pola excelente actuación que tivo no "IX Festival Medieval de Viana do Bolo" o pasado día 4 de abril. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que teña moitos éxitos.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto co noso amigo e colaborador HENRIQUE FEDEZ-MON SÁNCHEZ, que nos fai unha pequena semblanza moi persoal e entrañable do Catedrático e ex-Presidente da Real Academia Galega XESÚS ALONSO MONTERO. Coméntanos varias a interesantes anécdotas vividas persoalmente con el e moi en particular aquela na que lle tocou participar na homenzaxe que se lle deu na Casa dos Poetas en Celanova. Tamén nos lembrou que cando era Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro convidouno a impartir Conferencias na nosa Entidade. Un referente da nosa Cultura Galega. Agradecémoslle a súa aportación.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos recomenda visitar a páxina do Concello de Cervantes para entrar na páxina "Descubre Piornedo". Pódese visitar por Internet e, empregando un QR que se nos ofrece pódense escoitar os audios que os veciños explican dos lugares que se poden visitar e contemplar. Paga a pena intentalo. Tamén nos fala da recente presentación dun Comic que recolle a Via Hermann Künig, realizado por Miguel Fernández Vázquez,  Agradecémoslle a súa detallada información.

Conectamos novamente con Galicia para recibir ao noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico, XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos de súa visita a Melide e arredores. Coméntanos que se achegou á localidade de Santa María de Leboreiro. Unha dona faloulle do Hospital de Peregrinos que alí existiu  (e que se menciona no Códice Calixtino como "Campus Levorarius" - Campo ou monte de lebres), que aínda conserva un escudo nalgunha das súas paredes. Tamén nos comenta a lenda sobre unha ponte na que se pode atopar unha man esculpida nalgunha das moitas pedras desa costrución. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante.

Finalizamos o programa de hoxe coa proposta para que escoiten as pezas musicais, tanto Galegas como Portuguesas, máis votadas no aRi(T)mar Galiza e Portugal. As que gañaron foron no apartado de Galiza "Será por Flores" de Uxía e no Portugués, "Menina" de Mar e Carolina Deslandes.

 

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro. 

Ningún comentario:

SÁBADO 11 de ABRIL do 2026

Unha nova emisión deste programa en galego, que comeza sen a presenza do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, por mor dunha obriga persoal, xa...