sábado, 10 de xaneiro de 2026

SÁBADO 10 de XANEIRO do 2026

Primeiro programa do ano 2026. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY, a quen parabenizamos polo recoñecemento que acaba recibir, xunto con Fina Paulos e Lorena Cerdeira. O Conselleiro Román Rodríguez achegouse persoalmente ao IES Maximino Romero de Baio, para darlle os parabens como "máximos expoñentes da profesionalidade ao servizo da calidade do sistema educativo galego, nomeadamente no rural e nun ámbito tan sensible como as novas tecnoloxías". Unha honra ter como colaborador a este noso correspondente amigo. A súa crónica resumida pódese ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Tamén nos lembra que mañá, domingo pódese escoitar esta emisión radiofónica completa en Radio Roncudo, a partir das 10 da mañá.

 

A segunda comunicación é con RAMÓN DOMÍNGUEZ, recente gañador do 3º Premio no "XXIX Certame de Poesía en Lingua Galega "Rosalía de Castro" de Cornellá". Parabenizámolo e mantemos con el unha conversa distendida para coñecer un pouco máis da súa traxectoria creativa, moi centrada na producción literaria infantil. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.


Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con LUZ DARRIBA, artista uruguaya-galega, residente en Lugo, que cultiva varias disciplinas como a pintura, a poesía e a escritura. Agradecémoslle a súa amable atención e coméntanos algunhas das súas propostas artísticas. Fainos saber que próximamente presentará un libro de poesía. Convidámola a que nos faga partícipes da súa presentación. Tamén nos comenta cómo poder achegarse a súa traxectoria creativa na páxina persoal que manten: luzdarriba.es. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.


Poñémonos en contacto con XOAN FURANCHIN, o mantedor da páxina "guiafuranchín.com". Aproveita para darnos a coñecer a recente presentación do programa das "Festas do San Blas", da localidade de Bembribe, que se inauguraron precisamente no día de onte, venres 9 de xaneiro e finalizan coa celebración da Misa Solemne do día 3 de febreiro. Cousas recomendables: Comparte mesa, en San Blas os extranos convértense en amigos. Modera o consumo de viño e disfruta da comida. Os "Furanchos" son o corazón da experiencia. Algún recomendable: A cabana das Meigas, O Recuncho ou Sete Toxos... Agradecémoslle a súa aportación informativa no noso programa.


Conectamos co noso correspondente reporteiro gráfico e viaxeiro incansable, XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha proposta visitable moi curiosa e con acompañamento documental. Nesta ocasión fálanos da Santa Comba en Rebordelo - Pontecaldelas. Na súa páxina personal pódense apreciar as fotografías e os seus videos publicados. Agradecémoslle a súa aportación semanal.

Despedimos o programa, ata o vindeiro sábado á mesma hora, anunciando a seguinte colaboración.

Escoitamos a crónica cultural do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre se despide ofrecéndonos a escoita dunha peza escollida por el mesmo.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.



Ningún comentario:

SÁBADO 10 de XANEIRO do 2026

Primeiro programa do ano 2026. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspond...