sábado, 8 de novembro de 2025

SÁBADO 8 de NOVEMBRO do 2025

Comezamos unha nova emisión deste programa "Semprengalicia" coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e disculpando a presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa convaleciente dunha pequena crise catarreira, e desexamos que pronto se recupere. Escoitamos un bocadiño de música e conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente viaxeiro, reporteiro gráfico e documentalista XOAN ARCO DA VELLA, que nos propón a visita a un lugar interesante, na provincia de Ourense, concretamente en Avión.

Escoitamos outro bocadiño de música, da Agrupación musical "Treixadura", coa que comezamos o programa, e seguiremos con eles, para recibir a TATÁN CUNHA (Eduardo Alberto Rodríguez Cunha) e parabenizámolo porque é un dos actores da película titulada SAN SIMÓN, recentemente estreada, e que está a ter unha importante acollida e moito éxito nos cines galegos. Coméntanos algún aspecto da súa participación, que lle fixo moitísima ilusión porque recolle certos aspectos moi persoais e particulares, relacionados coa súa propia familia. Agradecémoslle a súa participación de hoxe no programa.

A continuación recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que nos informa dalgúnhas novidades interesantes relacionada coa comarca, ademais de facilitarnos información detallada dun viaxe ao estranxeiro, concretamente Bélxica, no que tivo a ocasión de convivir con outros profisionais e compañeiros. Volve a indicarnos que estas súas comunicacións poder ser ampliadas na páxina quepasanacosta.gal e que este programa emitirase mañá, domingo, a partir das 10 da mañá, por Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante.

Conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fai partícipe da súa crónica particular e moi cultural e lingüística, dándonos a coñecer algunhas palabras galegas moi enxebres.

 

Falamos con Henrique Fdez-Mon Sánchez, o noso grande amigo e colaborador, que nos informa dalgunha novidade que están a celebrar en Castro Caldelas.

Damos a coñecer unha noticia que nos facilitou Santi Veloso, de Ponte nas Ondas: "Literatura Oral que dilúe fronteiras". Convidamos a tódolos nosos escoitantes e seguidores para que aproveiten a ocasión para achegarseo á A.C.G. Rosalía de Castro, para que asistan ao MAGOSTO-2025, que celebran na súa sede social a partir das vinte horas. Depedimos o progama ate o vindeiro sábado á mesma hora...

Indicamos que a continuación escoitaremos a colaboración do noso amigo LUÍS LOSADA, coas súas Palabras Voadoras, adicadas a Cynthia Menéndez, e o seu libro "Son coma glaciares os barcos de aceiro".

Deixamos aquí o programa Completo, Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 8 de NOVEMBRO do 2025

Comezamos unha nova emisión deste programa "Semprengalicia" coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e disculpando a presencia ...