Comezamos coa nosa sintonia de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado: DANIEL GONZÁLEZ PALAU, Director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), a quen parabenizamos polo intensivo traballo que veñen desempeñando, e moi concretamente a visita que terán do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM), prevista para a semana do 27 ao 31 de novembro. Desenvolverán unha intensa axenda de traballo en Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo, para fortalecer os lazos institucionais, académicos, económicos e culturais entre a Galicia e Portugal. Estes obradoiros estarán abertos a tódalas persoas que se inscriban e envíen o formulario que se atopa na páxina oficial do IGADI. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teñan moito éxito.
![]() |
| Coto da Raposa |
Seguimos a emisión poñéndonos en contacto con XOSÉ MARÍA, da "Bodega da Señora" no localidade de Coea. Felicitámolo por seren eles unhos viticultores recuperadores das cepas "Branco lexítimo" así como tamén uvas merenzao tinto. Coméntanos que este ano recolleron unha boa vendima e agardan poder ofrecer unha boa cantidade de botellas para a súa degustación. Coidan poder ter unhas catro mil, que se poderán mercar poñéndose en contacto con eles, no mesmo istagram e tamén na súa páxina bodegadaseñora.com. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle moitos éxitos.
Poñémonos en contacto con GONZALO CONSTELA, do ARi(T)mar. Felicitámolo porque teñen previsto celebrar a Gala do Ari(T)mar Galiza e Portugal o vindeiro xoves día 30 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, para entregar os Premios correspondentes á Mellor Canción Galega (Mondra), Mellor Canción Portuguesa (Diogo Piçarra) , Mellor Poesía Galega (Elba Pedrosa), Mellor Poesía Portuguesa (Catia Cardoso) e Premio Especial do Xurado á localidade de Braga. Unha cumprida e moi interesante información que agradecemos e desexamos que teñan moito éxito.
Falamos coa nosa correspondente en Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fala da proposta que existe para que o Sendeiro "Rio Donsal" sexa declarado Sendeiro Azul (cousa que celebramos) e teremos que felicitar aos seus responsables. Tamén nos sorprende con outra comunicación histórica relacionada coa aldea de Ferreiros, e que sucedeu no ano 1896. Curiosidades históricas moi interesantes.
Recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte. OSCAR M. REY CALO, algo resumida, polo pouco espazo de tempo do que dispón, pero que ten moita contido cultural e comunicativo. E aproveitamos a conversa final con el para despedirnos do programa ara o vindeiro sábado, pero nesta ocasión será o próximo día 8 de novembro, xa que teremos festa de tódolos Santos. Lémbranos que este programa emitirase, como ven sendo habitual, mañá domingo a partir das dez da mañá dende Radio Roncudo, e que a ampliación das noticias está na páxina quepasanacosta.gal.
Tamén escoitamos a crónica cultural do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión fai referencia a un escritor balear homenaxeado este ano, acompañado coa declamación dunha poesía a cargo dunha súa amiga.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario