Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas, un bocadiño de música e poñémonos en contacto con MÍRIAM MARTÍN, periodista filla de galegos, que traballa na Televisión de Banyoles, e que nos comenta algunhas cousas relacionadas coa súa faceta profisional. Aproveitamos para que nos diga algunhas cousas persoais relacionadas coas visitas a Galicia, posto que a súa familia é de Valga, perto de Padrón (Pontevedra). Fálanos das visitas periódicas, casi obrigadas no verán, para disfrutar do lecer e da familia. Desexamos que teña moito éxito na súa tarefa.
Voltamos novamente a Galicia para recibir a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fala da Ponte de Cruzul e da Cova de Valdavara. Tamén nos comenta que próximamente se inaugurarán as novas "Cabanas da Casa Chao". Prometémonos conectar con Marifé, responsable e copropietaria.
Seguimos escoitando música e aproveitamos para conectar co noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha suxerencia, que nos recomenda, para visitar, nesta ocasión a Serra do Suído e contemplar a que denominaron a "Casa do Demo", que non era tal. Aquí podedes escoitar a súa descrición detallada.
Despedimos o programa con esa música de fondo anunciando o que temos previsto a continuación.
Escotaremos a crónica cultural que nos envía o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Nesta ocasión é unha continuidade do que nos adiantou a semana pasada, falando dos Gaiteiros.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario