sábado, 26 de abril de 2025

SÁBADO 26 de ABRIL do 2025

Outro sábado máis con todos vosoutros. Escoitamos a nosa sintonía, as salutacións oportunas e disculpamos a ausencia do noso compañeiro Armando Fernández, que está recuperándose dunha pequena indisposición sanitaria. Dámoslle as grazas ao noso técnico Kiko Belinchón, que é o responsable de que esto se emita tan axeitadamente, e despois de escoitar unha primeira peza musical, elexida para celebrar a Revoluçao dos Cravos, de fai cincuenta e un anos (o Grándola Vila Morena), poñémonos en contacto con dona YOLANDA GÓMEZ GÓMEZ, Concelleira de Cultura de Ribadavia. Parabenizámola porque este ano celebra a "62 Feira do Viño do Ribeiro-2025". Recibimos cumprida información dunha serie de actividades previstas que se celbrarán dende o día 1 ao 4 de maio próximos. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslle que teñan moito éxito.

Escoitamos outro bocadiño de música e voltamos novamente a Galicia para falar con don ANTONIO RAÚL DE TORO SANTOS, Catedrático da Universidade da Coruña, Profesor de Inglés e Irlandés, a quen parabenizamos pola recente celebración dunha evento interesantísimo que celebrou no Hotel Literario "Bela Fisterra", coa participación dun grande poeta,  Paddy Bushe. Recibimos información dalgunha das súas publicacións e moi específicamente a do libro publicado co título: "Galicia desde Londres - Galicia, Gran Bretaña e Irlanda nos programas galegos da BBC (1947-1956)". Unha xoia histórica chea de documentación e de grande valor. Agradecémoslle a súa aportación e participación no programa de hoxe.

A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente viaxeiro XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fainos unha descrición moi interesante relacionada coa visita á "ESCUSALLA" en Lobios. Cóntanos algo sobre a lenda que se relata dese lugar tan interesante. Tamén nos recomenda a vista á Portela do Homem e unha paradiña en Bande para contemplar o xacemento romano "Aquis Querquennis" e, cómo non, a Igrexa visigótica de Santa Comba. Un percorrido sempre moi recomendable, o que nos propón este noso correspondente. ¡Moitas Grazas Xoan!

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con dona ELVIRA CARREGADO PAZOS, recentemente elexida Presidenta da Fundación Vicente Risco en Allariz. Parabenizámola por dirixir ese novo equipo que seguro terá unha nova andaina moi productiva e chea de interesantes propostas. Precisamente nos relata unha moi importante que pronto se dará a coñecer públicamente. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

A última intervención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos ofrece unha colaboración chea de interesantes noticias culturais e finaliza ofrecéndonos unha peza musical moi axeitada.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 10 de MAIO do 2025

A emisión do programa deste sábado fixémola dende Pantón e tamén aproveitando os estudios de "Radio Monforte", con Rafa Aguiar co...