Outra sábado máis con todos vosoutros. Nesta ocasión ofrecémoslles un programa moi especial, xa que tivemos que desprazarnos a Galicia e o noso compañeiro Armando está aínda un pouco delicado e non podemos ofrecerlles o programa en directo. Temos as colaboracións dos nosos correspondentes, despois da sintonía e as salutacións oportunas, xunto cunha peciña musical para encetar.
A primeira intervención é a do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico,
XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión ten preparada unha información moi interesante, relacionada coa localidade da nosa veciña Portugal, concretamente Barcelos. Recomenda a visita detida e pausada para disfrutar dese lugar tan importante na tradición popular portuguesa e que forma parte do Camiño de Santiago Portugués. Relátanos a lenda ou procedencia do "Galo de Barcelos", que tamén se atopa noutra localidade española do Camiño de Santiago. Agradecémoslle a súa aportación.
A segunda colaboración é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro,
XULIO SIMÓN RÚA, fainos unha crónica ilustrativa e cultural de varios acontecementos escollidos, como sempre cheos de información e novidades. Despídese cunha peza de música.
Despois escoitamos ao noso correspondente na Costa da Morte,
OSCAR MANUEL REY CALO, que nos envía un resumos dalgunhas noticias escollidas que fan referencia a aquela contorna galega. Tamén comenta que este noso programa re-emitirase o domingo dende Radio Roncudo e que se poden ampliar as comunicacións que nos adiantou, visitando a páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación.
Finalmente o programa consiste nunha selección de pezas musicais galegas, escollidas para disfrute de tódolos nosos escoitantes e seguidores. Desexamos que teñan unha feliz semana.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario