Comezamos escoitando a nosa sintonía e dándolles a ben-vinda, saudando ao compañeiro Armando Fernández, á nosa amiga e colaboradora da A.C.G. Rosalía de Castro, MIRIAM RODRÍGUEZ, agradecendo ao noso técnico, Kioko Belinchón, o seu labor e un bocadiño de música para poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que sempre ten preparada unha súa crónica moi interesante, que se pode ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Lémbranos que mañá reemítese este programa en Radio Roncudo, a partir das 10h da mañá. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos que teña unha Feliz Semana Santa.

A segunda intervención é con Miriam, a quen agradecemos a súa presencia e fainos unha pequena descrición de cómo se celebraron a "Feira do polbo" diante da Entidade a semana pasada, que precedeu a actuación espectacular do "SERAN" da Asociación, con participación das Rosalieiras, da Banda da Entidade e doutras Asociacións amigas que participaron, facendo que os asistentes disfrutaran coas interpretacións e tamén bailaran ao son das músicas. O éxito da Feira do polbo foi tal que ás tres da tarde xa non había posibilidade de disfrutar do pulpo. Acabouse o produto.

Continuamos o programa conectando con Galicia para recibir a dona
Mari Carmen Fernández, do Bar Xegunde. Parabenizámola pola súa aportación e confeción de varios pratos tradicionais que se atopan e se poden mercar na páxina
osabordosancares.com. Unha Asociación de máis de duascentas familias no Rural de Galicia, concretamente nos Ancares, que apostan polo cooperativismo e a natureza, ofrecendo os productos da gandeiría e eses pratos precociñados e elaborados ao estilo tradicional e con moita profisionalidade e cariño. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexamos que teñan moito éxito.
Conversamos con
VICTOR da Asociación C.G.AGARIMOS de Badalona, que nos fai chegar a información da próxima celebración, os días 17 e 18 de maio, da "27 FESTA-Aniversario da Entidade" coincidindo coas Letras Galegas-2025. Unha festa que terá como novidade moi importante o izado da bandeira galega no Concello de Badalona, como primeiro acto relevante. Tamén haberá actuacións da Banda da Entidade e das outras Asociación Galegas amigas que participarán. Tamén contarán coa actuación estelar das
"Laghateiras", disfrute de gastronomía galegas, exposición de artesanía e verbena ámbolos dous días. Desexámoslles moitos éxitos.
Continuamos recibindo información, por parte de MIRIAM, das próximas celebracións que ten previsto a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. A máis relevante é a "Festa Galega de Can Mercader", que coincide coa Festa Major da localidade, os días 20, 21 e 22 de xuño vindeiro, e que contará coa actuación estelar de Carlos Núñez, o venres pola noite na "Noite Celta" que abrirán as nosas "Rosalieiras". A Ofrenda floral do sábado diante do busto de Rosalía, no Parque, as actuacións doutras Entidades galegas amigas, a degustación gastronómica que se ofrece tódolos días e as verbenas garantizadas con actuacións de orquestras de Galicia, completarán o programa festivo. Tamén haberá queimada gratuita para finalizar e despedir a festa.
Conectamos novamente con Galicia para falar co noso grande amigo e comunicador
PEPE FORMOSO, do Hotel Literario Bela Fisterra, a quen felicitamos polo evento Internacional que están a celebrar coa participación do poeta irlandés Paddy Bushe e gracias ao Instituto Universitario Amergin da UDC. Tamén contaron coa participación dos amigos Xulio L. Valcárcel, Alexandre Nerium, Rivadulla Corcón, Modesto Fraga e Xosé Iglesias. O dúo Brigantia amenizou este evento literario. Parabenizámolo e desexamos que sigan acadando moitos éxitos.
Recibimos a crónica ilustrativa do noso correspondente viaxeiro-reporteiro e descubridor infatigable, XOAN ARCO DA VELLA, que nos fai partícipes, nesta ocasión da visita ao Mosteiro de San Xoan de Barcia de Mera. As tradicións relixiosas, a FonteSanta, a natureza espectacular e outras peculiaridades que nos axuda a coñecer, algo máis polo miúdo. Agradecémoslle a súa aportación, coma sempre e, desexamos que teña unha feliz Semana Santa.

Tamén mantemos unha conversa coa poeta
ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO, que vai a presentar o seu poemario gañador en Vilalba baixo o título:
Meridiano Orixe (Editorial Alvarellos) o día 10 de maio próximo. Esta nosa amiga, poeta e escritora galega nada en Carril, ten unha traxectoria creativa moi diversa e de grande percorrido, non só polas súas publicacións, senón tamén polos premios que ten acadado, que comezou a recibilos no 1989 co Premio Galicia de Xornalismo na especialidade de reportaxe radiofónico, unha morea deles ata os nosos días, con este que acabamos de mencionar o "50 Certame Literario de Vilalba-2024". Agradecémoslle a súa atención e desexamos que siga acadando moitos éxitos. E aproveitamos para despedirnos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz Semana Santa!
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario