Comezamos unha nova entrega do noso programiño semanal, coa nosa sintonía de sempre, as salutacións aos nosos escoitantes e seguidores, e ofrecémoslle unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: don
XAVIER QUEIPO, Biólogo, Médico Cirurxián e Escritor. Parabenizámolo polo seu traballo e porque o vindeiro día 2 de abril terémos a honra de poder disfrutar coa súa participación na Universidade de Barcelona, impatindo a Confecrencia que leva por título: "Durmindo cun extraño. Psicopatoloxía do eu narrador". Coméntanos a súa recente visita a Irlanda e tamén algunha creación poética moi interesante. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moito éxitos.
A continuación recibimos a Crónica semanal do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que sempre nos adianta algunhas noticias daquela contorna, e que poden ser ampliadas na páxina quepasanacosta.gal. Lémbranos que este programa reémítse mañá, domingo en Radio Roncudo e Radio Neria, a partir das dez de mañá. Agradecémoslle a súa aportación. O luns reemítese en Radio FENE.
 |
Pandereteiras de VERDUCIDO |
Aproveitamos para despedirnos, xa que temos que achegarnos á Sé da nosa
A.C.G.Rosalía de Castro para asistir á Conferencia que impartirá
CLARA FARIÑA (Pandereteiras de Verducido), a partir das 19h, baixo o título:
"A muller na música e na Vida", celebrando o "Día da Dona", organizada conxuntamente entre a nosa Asociación e o
Consell de la Dona (Concello de Cornellà). E a seguir ofrecémoslles 10 pezas musicais de Grupos e Intérpretes Galegos. Son seleccionadas para poder ser votadas na páxina de
aRi(T)mar.gal
No segundo apartado de músicas ofrecémoslles as 10 Cancións interpretadas por Grupos en Intérpretes Portugueses, para votar, como xa lles dixemos antes, na páxina de aRi(T)mar.gal, e poderán ser Premiadas na Gala que cada ano se celebra en Santiago de Compostela.
Deixamos aquí o Programa Completo-Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario