Hoxe tivemos que "enlatar" o noso programa, por mor de certas obrigas e compromisos relacionados coa nosa Asociacion: a presentación do libro de IOLANDA DÍAZ GALLEGO, e as votacións á Xunta Directiva da nosa Entidade. Temos que dicir que a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey, non puidemos recibila, como é de supoñer. Tampouco conectamos con Fernanda nin co noso viaxeiro incansable, Xoan Arco da Vella, pero coido que nos quedou un programiña interesante.
Comezamos pois, coa nosa sintonía, as salutacións, unha peciña de música e o primeiro convidado. Mantemos unha conversa-entrevista con
MANUEL RIVERO PÉREZ, chea de ensino e moi interesante, falando de Eugenio Montes, de certas situacións e momentos delicados ao tempo que moi esclarecedores, impartidos no libro "
Eugenio Montes, o Intelectual silenciado". Traballo de investigación e documentación moi detallada que editou a Deputación de Ourense. Os interesados deberán poñerse en contacto con esa deputación ou coas librerías máis importantes de Galicia que posiblemente poidan mercar algún exemplar. Ao parecer é un libro tan solicitado, que xa quedan poucos exemplares. Desexámoslle moito éxito.
Falamos con XOSÉ RODRÍGUEZ DÍAZ, Secretario da Fundación Vicente Risco, en Allariz. Están a desenvolver unha morea de actividades para disfrute dos socios e asistentes que se acheguen a esa localidade ourensana. Tamén nos fala do recente fallo do "Premio de Relato Curto Antón Risco". O Xurado concedeulle o Premio á Profesora e escritora "Laura López Druseta" polo seu traballo que leva por título: "Todo Pasa", baseado na historia de dúas donas moi feministas: unha de moi grande linaxe "Aldonza de Mendoza" (da idade media á idade moderna) e outra Camelia (actual). Desexamos que siga colleitando moitos éxitos, e celebramos que nos poida poder atender cando teñan publicado ese libriño.
A conversa con
MANUEL SUÁREZ SUÁREZ, é a que tivemos a continuación. A responsabilidade que tivo no Patronato da Cultura Galega en Montevideo, faina patente nesta pequena entrevista que mantivemos, así como outras cousas moi interesantes. Tamén nos fala do Tango, porque é o representante en Galicia da Fundación "Carlos Gardel" e da Academia Nacional do Tango de Uruguay. Finaliza pedindo que lle concedan a Medalla Castelao a Iolanda Díaz. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Recibimos a crónica semanal do noso correspondente, XULIO SIMÓN RÚA, nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro. Sempre nos envía novas de acttualidade, escollidas precisamente para emitírmolas. Finaliza a súa intervención propoñéndonos escoitar unha peza musical. Agradecémoslle a súa estimada colaboración.
Deixamos aquí o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario