sábado, 8 de xuño de 2024

SÁBADO 8 de XUÑO do 2024



Comezamos a emisión como cada sábado coa nosa sintonía, as salutacións e ben-vinda a tódolos oíntes e seguidores. Poñemos unha peza de música e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que recibimos con agarimo despois do descanso da fin de semana anterior, xa que tivemos a Festa Galega de Can Mercader. Felicitámolo por ter acadado un Premio cos seus alumnos a semana pasada. A continuación recibimos unha crónica de informacións e noticias moi interesantes, todas daquela contorna, e que se poden ampliar, como dicimos cada semana, na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa participación e colaboración.
 

A segunda intervención, é o convite que lle fixemos a don XOSÉ RAMÓN, das Adegas JOAQUIN REBOLLEDO, da D.O. Valdeorras, ubicadas na Rua. A nosa chamada é para felicitalos polos moitos éxitos que a elaboración dos seus caldos está tendo en moitas e diversas catas, pèro moi particularmente porque esta Adega é unha grande colaboradora da Fundación Vicente Risco. Precisamente fálanos do Concerto que o CORO de CÁMARA KANTATIBUS, ofrecerá mañá mesmo na sede da Fundación. El pertence a esa formación musical xunto con 10 compoñentes máis. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Conversamos co noso "viaxeiro-reporteiro infatigable" XOAN ARCO DA VELLA, que nos pon ao corrente de diversa se interesantes visitas a lugares nos que estivo facendo a súa reportaxe fotográfica e audiovisual. Tamén nos comenta as indagacións e descubertas curiosas ás nos que convida visitar. A fotografía que incluimos nesta ocasión é unha das últimas visitas que fixo.

Recibimos a crónica da nosa correspondente, FERNANDA FOLLANA NEIRA, nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá. Informacións de interese e moi relacionadas con diversas actuación deportivas, unha enquisa sobre o emprego do noso idioma galego e unha recomendación de visita á capela románica de Santa Eulalia de Bóveda.

 

Falamos con SARA SARELA, concretamente "Sara Caride", pertencente ao Dueto "Lula Mora", que nos comenta moi brevemente a súa traxectoria musical e creativa. É unha compositora musical, que reside actualmente nas Illas Canarias, e  que xa teñen actuado en moitos sitios, por exemplo no "Albariño" de Galicia... Prométenos que seremos primicia na vindeira ocasión, porque nos presentará o seu álbum que está a piques de publicar. Desexámoslle que teñan moito éxito.

A entrevista con GUIDO ÁLVAREZ PARGA, ese grande profesional Guía Oficial da Cidade de Lugo, pero tamén de moitas localidades da provincia e do resto da comunidade. Segue a traballar moi afervoadamente en varios proxectos e acompaña aos seus clientes con moita información histórica e moi específica dos lugares que mostra nas súas visitas guiadas. Fainos un percorrido da ultimas propostas e coméntanos algunhas novidades. Desexámoslle que siga acadando moitos éxitos nesa fermosa tarefa de amosar a paisaxe e patrimonio galego que el estudia e amosa con tanto cariño nas súas visitas e programacións.

Deixamos aquí o programa completo


Ningún comentario:

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...