domingo, 30 de xuño de 2024

29 de XUÑO do2024

Último programa desta tempada 2023 - 2024. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacions oportunas e escoitamos unha peza de música para conectar con Galicia e recibir a crónica-colaboración do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO. As súas comunicacións son unha escolla das noticias que se producen naquela contorna, pero que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación semanal e desexamos que teñan un feliz verán.

Despois de escoitar outra pea de música, poñémonos en contacto con JUAN PEDRO SÁNCHEZ GARCÍA, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT), para felicitalo, porque hoxe é o seu Santo. Pero tamén para que nos informe dalgunhas novidades que teñen previstas. A máis inmediata é a proxección dunha pequena proxección-adianto sobre a película relacionada co libro "Camino Negro", da escritora María Luisa Picado, que foi agasallada no Festival do Botillo do ano pasado. Será o día 13 de xullo no Asador do Bierzo. Haberá un xantar previo, ao que se terán que anotar tódolos asistentes. Tamén nos comenta a próxima participación na entrega dos Arlequins da FEGALCAT, en Viveiro. Será premiado un periodista deportivo do Bierzo. A celebración da Festa da Virxe da Encina para o mes de setembro e a Festa do Magosto para o mes de novembro. Desexámoslles moitos éxitos.

A seguinte conversa é con XOAN ARCO DA VELLA, ese noso correspondente viaxeiro que sempre nos sorprende cunha descrición relacionada coa visita especial a algún lugar da nosa xeografìa galega. Nesta ocasión fálanos da Romería que se celebrou en A Peneda, perto de Soutomaior. Alía atópase a capela da nosa Señora das Neves. Unha singular forma, ese monte de A Peneda. Ao parecer esa edificación da capela data do séculao XVII, unha cima de máis de trescentos metro, dende o mirador a carón dunha vella sobreira contémplanse unhas vistas extraordinarias da Ría de Vigo, a ponte de Rande e mesmo as Illas Cíes ao fondo. Agradecémoslle a súa aportación e desexamoslle feliz verán.

Conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RUA, que dende Combarro sempre nos fai partícipe das súas propostas culturais. Nessta ocasión completa a descrición dun traxecto en bicicleta por Portugal, concretamente dende San pedro da Furada (Espiño concretamente) ata Óbidos. Despois de desexarnos unhas felices ferias-vacacións e bon verán proponnos escoitar a peza musical "O varredor", do cantautor portugués Fausto, do seu disco Madrugada dos Trapeiros. Tamén lle desexamos nosoutros un feliz verán e agardamos voltar a contar con el na vindeira tempada.

Falamos coa nosa correspondente, FERNANDA FOLLANA NEIRA, nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá. Sempre nos axuda a coñecer máis polo miúdo as novidades daquela contorna galega, que tanto lles agrada aos nosos oíntes e seguidores procedentes deses lugares feiticeiros. Agradecémoslle a súa colaboración e desexamos que teña un feliz verán. A vindeira tempada tamén contaremos con ela, nesta tarefa de comunicación e información.

Despedímonos ata o mes de outubro ou finais de setembro. Xa lles avisaremos con tempo.


Propoñémoslles escoitar a entrevista que lle fixemos a don JOSEP RITORT FERRÚS, Secretario Xeral de AMIC (Associació de Mitjans d'Informació i Comunicació). Esta Asociación convidounos, como representantes de AMEGA (Asociación de Medios en Galego) para participar na entrega dos Premios que se entregaron no edificio de A Pedrera, para agasallar aos medios de proximidade máis salientables. Agradecémoslle a súa participación.

Deixamos aquí o programa completo.

¡QUE TEÑAN UN FELIZ VERÁN!

sábado, 22 de xuño de 2024

Sábado 22 de XUÑO do 2024

Unha nova emisión do noso programa "Semprengalicia", como cada sábado, coa nosa sintonía, a salutación oportuna e a primeira entrevista co convidado GUIDO ÁLVAREZ PARGA, Guía oficial da cidade de Lugo. Comentamos con el diferentes actividades e ofertas que propón para coñecer máis polo miudo a cidade de Lugo e tamén outros lugares da provincia, que el coñece moi especialmente. Tamén nos fala das súas clases na Universidade, que xa remataron e outras cousas moi interesantes. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

A segunda conversa é con dona LOLA VARELA SALGADO, mestra xubilada. Estudou Xeografía e Historia, especialidade en Historia Contemporánea, acompaña ao Historiador Dionisio Pereira nas súas investigacións, e tamén ten publicado varios libros, entre os que destaca o que leva por título: "Feminismo de proximidade". A entrevista convírtese nunha pequena clase de aprendizaxe sobre as moitas cousas que investigou sobre as mulleres da época franquista. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos o programa entrevistando a don FELIPE SENÉN LÓPEZ, Arqueólogo.Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía. Acaba de presentar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, o libro que leva por título: 𝐃𝐨𝐮𝐭𝐫𝐢𝐧𝐚 𝐞 𝐑𝐢𝐭𝐮𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐨𝐢 𝐍𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐜𝐭𝐨 𝐆𝐫𝐚𝐚𝐥 · 𝐀 𝐄𝐬𝐭𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐨 𝐀𝐩𝐨́𝐬𝐭𝐨𝐥𝐨 de Vicente Risco. Fálanos dese traballo tan interesante e recibimos unha feermosa lección de historia relacionada con todos aqueles personaxes galeguistas acompañantes de Vicente Risco. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.

Recibimos a crónica do noso correspondente, nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión céntrase na recente visita que fixo a Portugal para facer un percorrido en bicicleta moi interesante, e que describe con moita precision.

Deixamos aquí o programa completo.


sábado, 15 de xuño de 2024

SÁBADO 15 de XUÑO do 2024

Hoxe tivemos que "enlatar" o noso programa, por mor de certas obrigas e compromisos relacionados coa nosa Asociacion: a presentación do libro de IOLANDA DÍAZ GALLEGO, e as votacións á Xunta Directiva da nosa Entidade. Temos que dicir que a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey, non puidemos recibila, como é de supoñer. Tampouco conectamos con Fernanda nin co noso viaxeiro incansable, Xoan Arco da Vella, pero coido que nos quedou un programiña interesante. 
Comezamos pois, coa nosa sintonía, as salutacións, unha peciña de música e o primeiro convidado. Mantemos unha conversa-entrevista con MANUEL RIVERO PÉREZ, chea de ensino e moi interesante, falando de Eugenio Montes, de certas situacións e momentos delicados ao tempo que moi esclarecedores, impartidos no libro "Eugenio Montes, o Intelectual silenciado". Traballo de investigación e documentación moi detallada que editou a Deputación de Ourense. Os interesados deberán poñerse en contacto con esa deputación ou coas librerías máis importantes de Galicia que posiblemente poidan mercar algún exemplar. Ao parecer é un libro tan solicitado, que xa quedan poucos exemplares. Desexámoslle moito éxito.

Falamos con XOSÉ RODRÍGUEZ DÍAZ, Secretario da Fundación Vicente Risco, en Allariz. Están a desenvolver unha morea de actividades para disfrute dos socios e asistentes que se acheguen a esa localidade ourensana. Tamén nos fala do recente fallo do "Premio de Relato Curto Antón Risco". O Xurado  concedeulle o Premio á Profesora e escritora "Laura López Druseta" polo seu traballo que leva por título: "Todo Pasa", baseado na historia de dúas donas moi feministas: unha de moi grande linaxe "Aldonza de Mendoza" (da idade media á idade moderna) e outra Camelia (actual). Desexamos que siga colleitando moitos éxitos, e celebramos que nos poida poder atender cando teñan publicado ese libriño.

A conversa con MANUEL SUÁREZ SUÁREZ, é a que tivemos a continuación. A responsabilidade que tivo no Patronato da Cultura Galega en Montevideo, faina patente nesta pequena entrevista que mantivemos, así como outras cousas moi interesantes. Tamén nos fala do Tango, porque é o representante en Galicia da Fundación "Carlos Gardel" e da Academia Nacional do Tango de Uruguay. Finaliza pedindo que lle concedan a Medalla Castelao a Iolanda Díaz. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Recibimos a crónica semanal do noso correspondente, XULIO SIMÓN RÚA, nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro. Sempre nos envía novas de acttualidade, escollidas precisamente para emitírmolas. Finaliza a súa intervención propoñéndonos escoitar unha peza musical. Agradecémoslle a súa estimada colaboración.

Deixamos aquí o programa enteiro.


sábado, 8 de xuño de 2024

SÁBADO 8 de XUÑO do 2024



Comezamos a emisión como cada sábado coa nosa sintonía, as salutacións e ben-vinda a tódolos oíntes e seguidores. Poñemos unha peza de música e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que recibimos con agarimo despois do descanso da fin de semana anterior, xa que tivemos a Festa Galega de Can Mercader. Felicitámolo por ter acadado un Premio cos seus alumnos a semana pasada. A continuación recibimos unha crónica de informacións e noticias moi interesantes, todas daquela contorna, e que se poden ampliar, como dicimos cada semana, na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa participación e colaboración.
 

A segunda intervención, é o convite que lle fixemos a don XOSÉ RAMÓN, das Adegas JOAQUIN REBOLLEDO, da D.O. Valdeorras, ubicadas na Rua. A nosa chamada é para felicitalos polos moitos éxitos que a elaboración dos seus caldos está tendo en moitas e diversas catas, pèro moi particularmente porque esta Adega é unha grande colaboradora da Fundación Vicente Risco. Precisamente fálanos do Concerto que o CORO de CÁMARA KANTATIBUS, ofrecerá mañá mesmo na sede da Fundación. El pertence a esa formación musical xunto con 10 compoñentes máis. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Conversamos co noso "viaxeiro-reporteiro infatigable" XOAN ARCO DA VELLA, que nos pon ao corrente de diversa se interesantes visitas a lugares nos que estivo facendo a súa reportaxe fotográfica e audiovisual. Tamén nos comenta as indagacións e descubertas curiosas ás nos que convida visitar. A fotografía que incluimos nesta ocasión é unha das últimas visitas que fixo.

Recibimos a crónica da nosa correspondente, FERNANDA FOLLANA NEIRA, nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá. Informacións de interese e moi relacionadas con diversas actuación deportivas, unha enquisa sobre o emprego do noso idioma galego e unha recomendación de visita á capela románica de Santa Eulalia de Bóveda.

 

Falamos con SARA SARELA, concretamente "Sara Caride", pertencente ao Dueto "Lula Mora", que nos comenta moi brevemente a súa traxectoria musical e creativa. É unha compositora musical, que reside actualmente nas Illas Canarias, e  que xa teñen actuado en moitos sitios, por exemplo no "Albariño" de Galicia... Prométenos que seremos primicia na vindeira ocasión, porque nos presentará o seu álbum que está a piques de publicar. Desexámoslle que teñan moito éxito.

A entrevista con GUIDO ÁLVAREZ PARGA, ese grande profesional Guía Oficial da Cidade de Lugo, pero tamén de moitas localidades da provincia e do resto da comunidade. Segue a traballar moi afervoadamente en varios proxectos e acompaña aos seus clientes con moita información histórica e moi específica dos lugares que mostra nas súas visitas guiadas. Fainos un percorrido da ultimas propostas e coméntanos algunhas novidades. Desexámoslle que siga acadando moitos éxitos nesa fermosa tarefa de amosar a paisaxe e patrimonio galego que el estudia e amosa con tanto cariño nas súas visitas e programacións.

Deixamos aquí o programa completo


sábado, 1 de xuño de 2024

1 de XUÑO do 2024

Hoxe, con motivo da "Feta Major de Cornellà", a nosa A.C.G.Rosalía de Castro, celebra a súa FESTA Galega en Can Mercader, como xa informamos en anteriores emisións. Aquí tedes o cartel anunciador.

Onte tivemos a ledicia de poder escoitar o Concerto que nos afreceu o grande artista asturiano XOSÉ ANXEL HEVIA. Tamén disfrutamos da magnífica interpretación de dúas pezas que compartiu cos compoñentes da nosa Asociación, en presencia de un público entregado e participativo. 


Continuarán as diferentes actuacións este sábado e o domingo, coa participación doutras Entidades Galegas e da poboación, ademais das Verbenas amenizadas pola Orquestra Compostela e o Grupo los 80 Principales. Desexamos que teñan unhas felices festas.


Como é natural, non poderemos emitir o noso programa de cada sábado "Semprengalicia", pero agardámosvos o vindeiro día 8, á mesma hora, coma sempre. 


¡Que teñan unha feliz semana!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...