Deixamos aquí o programa completo.
¡QUE TEÑAN UN FELIZ VERÁN!
Deixamos aquí o programa completo.
¡QUE TEÑAN UN FELIZ VERÁN!
Unha nova emisión do noso programa "Semprengalicia", como cada sábado, coa nosa sintonía, a salutación oportuna e a primeira entrevista co convidado GUIDO ÁLVAREZ PARGA, Guía oficial da cidade de Lugo. Comentamos con el diferentes actividades e ofertas que propón para coñecer máis polo miudo a cidade de Lugo e tamén outros lugares da provincia, que el coñece moi especialmente. Tamén nos fala das súas clases na Universidade, que xa remataron e outras cousas moi interesantes. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
A segunda conversa é con dona LOLA VARELA SALGADO, mestra xubilada. Estudou Xeografía e Historia, especialidade en Historia Contemporánea, acompaña ao Historiador Dionisio Pereira nas súas investigacións, e tamén ten publicado varios libros, entre os que destaca o que leva por título: "Feminismo de proximidade". A entrevista convírtese nunha pequena clase de aprendizaxe sobre as moitas cousas que investigou sobre as mulleres da época franquista. Agradecémoslle a súa amable atención.
Continuamos o programa entrevistando a don FELIPE SENÉN LÓPEZ, Arqueólogo.Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía. Acaba de presentar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, o libro que leva por título: 𝐃𝐨𝐮𝐭𝐫𝐢𝐧𝐚 𝐞 𝐑𝐢𝐭𝐮𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐨𝐢 𝐍𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐜𝐭𝐨 𝐆𝐫𝐚𝐚𝐥 · 𝐀 𝐄𝐬𝐭𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐨 𝐀𝐩𝐨́𝐬𝐭𝐨𝐥𝐨 de Vicente Risco. Fálanos dese traballo tan interesante e recibimos unha feermosa lección de historia relacionada con todos aqueles personaxes galeguistas acompañantes de Vicente Risco. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.
Recibimos a crónica do noso correspondente, nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión céntrase na recente visita que fixo a Portugal para facer un percorrido en bicicleta moi interesante, e que describe con moita precision.
Deixamos aquí o programa completo.
Falamos con XOSÉ RODRÍGUEZ DÍAZ, Secretario da Fundación Vicente Risco, en Allariz. Están a desenvolver unha morea de actividades para disfrute dos socios e asistentes que se acheguen a esa localidade ourensana. Tamén nos fala do recente fallo do "Premio de Relato Curto Antón Risco". O Xurado concedeulle o Premio á Profesora e escritora "Laura López Druseta" polo seu traballo que leva por título: "Todo Pasa", baseado na historia de dúas donas moi feministas: unha de moi grande linaxe "Aldonza de Mendoza" (da idade media á idade moderna) e outra Camelia (actual). Desexamos que siga colleitando moitos éxitos, e celebramos que nos poida poder atender cando teñan publicado ese libriño.
Recibimos a crónica semanal do noso correspondente, XULIO SIMÓN RÚA, nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro. Sempre nos envía novas de acttualidade, escollidas precisamente para emitírmolas. Finaliza a súa intervención propoñéndonos escoitar unha peza musical. Agradecémoslle a súa estimada colaboración.
Deixamos aquí o programa enteiro.
A segunda intervención, é o convite que lle fixemos a don XOSÉ RAMÓN, das Adegas JOAQUIN REBOLLEDO, da D.O. Valdeorras, ubicadas na Rua. A nosa chamada é para felicitalos polos moitos éxitos que a elaboración dos seus caldos está tendo en moitas e diversas catas, pèro moi particularmente porque esta Adega é unha grande colaboradora da Fundación Vicente Risco. Precisamente fálanos do Concerto que o CORO de CÁMARA KANTATIBUS, ofrecerá mañá mesmo na sede da Fundación. El pertence a esa formación musical xunto con 10 compoñentes máis. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moitos éxitos.
Recibimos a crónica da nosa correspondente, FERNANDA FOLLANA NEIRA, nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá. Informacións de interese e moi relacionadas con diversas actuación deportivas, unha enquisa sobre o emprego do noso idioma galego e unha recomendación de visita á capela románica de Santa Eulalia de Bóveda.
Deixamos aquí o programa completo
Hoxe, con motivo da "Feta Major de Cornellà", a nosa A.C.G.Rosalía de Castro, celebra a súa FESTA Galega en Can Mercader, como xa informamos en anteriores emisións. Aquí tedes o cartel anunciador.
Onte tivemos a ledicia de poder escoitar o Concerto que nos afreceu o grande artista asturiano XOSÉ ANXEL HEVIA. Tamén disfrutamos da magnífica interpretación de dúas pezas que compartiu cos compoñentes da nosa Asociación, en presencia de un público entregado e participativo.
Continuarán as diferentes actuacións este sábado e o domingo, coa participación doutras Entidades Galegas e da poboación, ademais das Verbenas amenizadas pola Orquestra Compostela e o Grupo los 80 Principales. Desexamos que teñan unhas felices festas.
¡Que teñan unha feliz semana!
Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e música de JAVI MANEIRO , a quen saudamos e felicitamos o novo ano e...