sábado, 3 de febreiro de 2024

SÁBADO 3 de FEBREIRO do 2024

Un programa máis desta nosa emisión en galego, con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e dándolle a ben-vinda a dona YOLANDA DÍAZ GALLEGO, que nos agasalla coa súa presencia nos estudos. Escoitamos un bocadiño de música e de seguida encetamos a emisión. É unha honra e un placer poder contar coa visita de dona Yolanda. Acaba de publicar un libro que leva por título: "DECIDÍN DESVELAR O PROCESO. Na galeguidade asentouse o compromiso Acción e evolución no Uruguai, 1954-1978". Teremos que ler con detenemento este libro que seguro contén un morea de documentación e información pouco coñecida e que seguro servirá para que os interesados poidan decubrir moitas cousas importantes relacionada coa emigración nas Américas. Fainos partícipe de algunhas e interesantes anécdotas que se recollen no libro e adubiamos a conversa con algunha peza musical.

Seguimos a conversar con dona Yolanda falando da súa traxectoria persoal e tan interesante, que tivo lugar en Uruguai durante máis de vinte anos. Está sendo unha conversa moi distendida e chea de engado.

A seguir recibimos a conexión co noso correspondente na Costa da Morte, ÓSCAR REY CALO, que ten preparada unha intervención escollida e algo resumida, pero que os nosos oíntes e seguidores poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, como vimos informando cada semana. Tamén informamos que este programa re-emítiese en "Radio Roncudo" o domingo a partir das dez da mañá. Agradecémoslle a súa crónica e desexamos que teña unha feliz semana.

Recibimos a visita do Presidente de ASOBECAT don JUAN PEDRO SÁNCHEZ e o Vicepresidente don ALFONSO MIGUEL MARTIN, que nos veñen a informar do "XX Festival del Botillo 2024 en Cataluña". Realizarase no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat, o día 18 de febreiro a partir das 12:30 da mañá. Os convidados e asistentes serán recibidos coa música da banda de gaitas de Fegalcat, que colaborarán no evento. Tamén nos informa dos Homenaxeados elexidos para o festival deste ano: Berciano Ilustre don JAVIER ÁLVAREZ, socio da Adega Almázcara Majara; don JUAN PABLO GÁNDARA DE TORENO - Premio Literario 2024 e o Excelentísmo Concello de Corullón, representado polo seu Alcalde don LUIS ALBERTO ARIAS GONZÁLEZ.

Comentamos con Yolanda a súa actuación e participación no programa "Sempre en Galicia" de América. Fainos a presentación que ela mesma tiña na comunicación deste programa emblemático que aínda hoxe en día se sigue emitindo.

Seguimos conversando cos nosos contertulios de hoxe, que nos honran coa súa presencia nos estudos, en directo. Alfonso Miguel, Vicepresidente de ASOBECAT, informa da traxectoria de vinte anos de existencia desta entidade berciana que tanto aprezo e sona ten no noso entorno, non só pola repercusión e aceptación que ten esta convocatoria gastronómica do botillo, senón tamén pola grande asistencia que teñen nese festival anual que celebran.

Dámoslle paso a JUAN PABLO GÁNDARA DE TORENO, o Homenaxeado Literario no "XX Festival del Botillo -2024" que nos fala da súas novelas publicadas, recentemente unha que posiblementetraerá ao xantar do botillo: "Los últimos de la Modelo". Desexámsolle moitos éxitos.

Seguimos a emisión e poñémonos en contacto con XOAN ARCO DA VELLA, ese grande colaborador que xa ven sendo habitual cada fin de semana con nosoutros. A súa aportación está moi relacionada co noso patrimonio e as súas visitas viaxeiras a lugares recónditos da nosa xeografía galega. Nesta ocasión ten unha comunicación curiosa relacionada cun rey galego dos jíbaros.

Conversa e comentarios finais cos nosos contertulios nos estudios, Yolanda, Juan Pedro e Alfonso para comentar algunhas cousas interesantes. Agradecerlles a súa presencia de hoxe, en directo, no programa e desexarlles moita sorte e moitos éxitos na súa andaina. Despedímonos ate o vindeiro sábado.

A seguinte intervención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que cada sábado nos envía a súa crónica semanal con noticias culturais e informativas moi interesantes.

Deixamos aquí o programa enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...