sábado, 10 de febreiro de 2024

SÁBADO 10 de FEBREIRO do 2024

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, os saudos de rigor e un bocadiño de música para recibir a RAKEL ÁLVAREZ, da Asociación C.G. Airiños da Nosa Galicia, en Santa Coloma de Gramenet. Saudámola e felicitámola porque acabamos de recibir unha fotografía co seu fillo disfrazado de "Follateiro", unha fermosa tradición que se recuperou e se conserva aínda en Lobios e os seus arredores. Unha iniciativa estupenda, para dar a coñecer algo moi importante na celebración do Entroido en Galicia e que se convirte na primeira mostra dun traballo moi escrupuloso e fermosísimo, por primeira vez en Cataluña. Tamén falamos do Restaurante do Centro, que hoxe celebran a Festa do Entroido con moitas e importantes solicitudes para degustar os manxares de primeira calidade que se servirán. Agradecémoslle a súa amable atención e participación.
 

Continuamos o programa e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos ten preparada a súa crónica semanal, extraída da páxina que sempre nos recomenda quepasanacosta.gal e na que se pode completar e ampliar, máis polo miúdo, as diferentes noticias e importantes novidades que están a suceder naquel feiticeiro recuncho da nosa Galicia.

A seguir falamos co noso novo correspondente en Pontevedra XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión puntualízanos o lugar onde se atopa: Lourizán. Precisamente comenta algo moi interesante relacionado con esa localidade, na que se atopa o "Pazo de Lourizán" que ademais é o lugar onde se imparten estudios especializados de silvicultura e que contén un bosque de máis de cincocentas hectareas con árbores centenarias, únicas de moitas especias de magnolias. Amplía a información e historia do "Rey Alfonso I da Amazonia", que nos adiantou a semana pasada. Foi a visitar aas terras de Avión, lugar de procedencia deste personaxe, concretamente: Ildefonso Graña Cortizo. Unha verdadeira historia digna de estudo. Agradecémoslle a súa descrición desa fermosa historia, con mezcla de lenda.
 

Despois conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, en Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que tamén nos envía a súa crónica semanal con noticias e sucesos. Relátanos tamén, un chisco, parte da publicación dun artigo, escrito por ela mesmo e publicado na Voz de Galica, relacionado coa estrada naquela zona: "La carretera que tropieza dos veces con la misma montaña". A verdade é que esa estrada semella que teña un "feitizo" porque ao parecer tivo xa moitos sucesos e derrumbes, moito antes de que se construíra a estrada actual. Desexamos que pronto quede amañada.

Falamos agora con JAVIER ÁLVAREZ, da adega "Almázcara-Majara" con D.O.Bierzo, que será homenaxeado no "XX Festival del Botillo en Cataluña" como "Berciano Ilustre 2024". Parabenizámolo e aproveitamos para conectar co Presidente JUAN PEDRO SÁNCHEZ, da ASOBECAT,  que é a Asociación organizadora do evento, previsto para o próximo día 18 de febreiro no Hotel FrontAir Congress de Sant Boi de Llobregat. Desexamos que teñan moita sorte e moitos éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Deixamos aquí o programa enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...