sábado, 27 de xaneiro de 2024

SÁBADO 27 de XANEIRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Despois da sintonía, as salutacións e un bocadiño de música conectamos coa Rolda de Prensa que está a realizarse no Hotel Front Air Congress de Sant Boi. Falamos con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT e co Vicepresidente Alfonso Miguel, que nos informan da celebración do "XX Festival del Botillo 2024 en Cataluña" previsto para o día 17 de febreiro próximo, xunto cos nomeamentos "Homenaxeados Bercianos Ilustres 2024", que corresponderán a don Javier Álvarez, propietario da Adega Almázcara Majara. Berciano literario ilustre a don Juan Pablo Gándara de Torén e ao Concello de CORULLÓN. Desexamos que teñan moitos éxitos nesta celebración tan excepcional.

A seguinte comunicación é con don RUBÉN FERNÁNDEZ, da CASA CASTELAO, na Fonsagrada, a quen felicitamos porque o Concello acaba de concederlles o Butelo de Ouro pola súa tarefa a prol da Feira do Butelo nesa localidade Luguesa. Tamén o felicitamos polas grande labor industrial e emprendedora que está levando a cabo nesa localidade. Agradecémoslle a súa intervención no programa de hoxe.

Recibimos a Crónica semanal do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos fai partícipes das novidades e noticias que suceden naquela contorna, que é un resumo das que se poden atopar na súa paxina quepasanacosta.gal. Tamén nos volve a lembrar que este noso programa reemítese mañá, domingo na emisora "Radio Roncudo". Agradecémoslle a súa estimada colaboración.

Despois poñémonos en contaco co noso "colaborador-correspondente viaxeiro" XOAN ARCO DA VELLA, que nos pon ao corrente dalgunhas visitas de grande interese cultural. Sempre ten algunha novidade e curiosidade que os nosos oíntes e seguidores agradecen, e así nolo comunican por medio dos correos e das súas intervencións. Seguiremos en contacto e desexamos que siga nesa tarefa tan importantes para nosoutros, que tanto valoramos.
 

Conectamos novamente con Galicia para falar coa Señora Alcaldesa de Castro Caldelas, dona SARA INÉS VEGA NÚÑEZ, que nos fala da grande Festa dos Fachos celebrada recentemente e doutros asuntos moi interesantes relacionados con ese concello Ourensán que ela dirixe. Desexamos que teña moita sorte e que siga colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro sábado e desexamos que teñan unha feliz semana.

Para finalizar escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparada unha intervención cultural moi axeitada que remata coa escoita dunha peza musical moi acaída.

 

Tamén deixamos aquí o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...