sábado, 24 de febreiro de 2024

SÁBADO 24 de FEBREIRO do 2024

Óscar Rey

Un sábado máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en Galego para informarvos e dar a coñecer algunhas novidades interesantes. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, ÓSCAR REY CALO, que sempre ten preparada a súa crónica semanal moi acaída. É un resumo das novidades e informacións acontecidas naquela contorna, que todos os nosos oíntes e seguidores poden ampliar, como sempre lles informamos, na excelente páxina quepasanacosta.gal. Tamén nos lembra que este noso programa volve a re-emitirse en Radio Roncudo mañá, domingo a partir das 10h da mañá. Agradecémosllelo e desexamos que teña unha feliz semana.

A continuación dámoslles a coñecer unha serie de actividades que ten previsto realizar a nosa Entidade: A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que comeza coa celebración da Asemblea Xeral prevista para esta mesma tarde a partir das 19h, na Sé. Despois a celebración do "Día da Dona" prevista para o día 16 de marzo a partir das 18h no Auditorio de San Ildefonso de Cornellà, onde se interpretará a obra teatral : "Cinderela e os postres de El Rey", a cargo da Compañía da propia Entidade "Anduriña". Tamén están previstas as eleccións á Xunta Directiva para o día 17 de marzo, o día 21 de abril excursión ás Minas de Cardona e o día 4 de maio "Feira do Polbo" diante da Entidade.

Conectamos agora coa Asoc. Toxos e Xestas de Barcelona para falarmos con do Alvaro Voces, Presidente da Entidade e Concha, Profesora de música, baile e Gaita. Póñenenos ao corrente da próxima celebración dun evento de grande importancia: "Exposición Cornamusas Primitivas. Historia da Civilización", na Sé da propia Entidade o día 10 de marzo. Un acto que contará cunha enorme cantidade de participantes. É o día mundial da Gaita e teñen previsto unha grande participación de gaiteiros, bandas de gaitas, solistas e pariticpantes, tanto galegos como asturianos e cataláns. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.

Falamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, recibimos a crónica de FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos adianta algunhas novidades interesantes da zona. Tamén nos fala da recuperación duns viñedos de grande interese na zona do Navia. Concretamente fálanos da Ruta do Río Navia, en bicicleta, que a semana pasada puido realizala xunto con outros compañeiros e despois celebrala cun cocido nun Restaurante.

Xoan
Recibimos a XOAN ARCO DA VELLA, que como ven sendo habitual cada semana, fainos partícipes das súas visitas e achádegos moi interesantes. Nesta ocasión descríbenos as andanzas e percorrido dun personaxe moi interesante: don MANUEL BARREIRO CABANELAS, un empresario filántropo galego, nado en mil oitocentos sesenta e sete en Laxedo (Covelo - A Lama), e que faleceu en Río de Xaneiro no 1950. A historia deste personaxe é verdadeiramente un exemplo de entrega e axuda ao rural extraordinaria. As súas aportacións económicas foron de grande importancia no seu  momento. Ao parecer a Raíña María Cristina tramitou para el o título nobiliario de Conde.
 

Escoitamos agora a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretmente Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos envía unha comunicación moi interesante con aportacións culturais de grande interese.

Deixamos o programa enteiro aquí e desexamos que teñan unha feliz semana.


Ningún comentario:

SÁBADO 2 de NOVEMBRO do 2024

Outra emisión máis do "Semprengalicia" de cada sábado. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de músi...