sábado, 17 de febreiro de 2024

SÁBADO 17 de FEBREIRO do 2024

Oscar REY
Un sábado máis con todos vosoutros. Hoxe temos que disculpar a ausencia do noso compañeiro Armando, por mor dunha pequena indisposición persoal. Despois da sintonía de sempre e as salutacións oportunas, escoitamos un bocadiño de música e deseguida nos poñemos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que nos envía o seu resúme semanal referido aos aconteceres máis interesantes daquela contorna. Xa saben que se poden ampliar estas informacións na páxina quepasanacosta.gal e tamén voltamos a lembrar que mañá, a partir das dez da mañá, voltará a emitirse este noso "Semprengalicia" en Radio Roncudo. Despedímolo dándolle as grazas pola súa aportación e desándolle unha feliz semana.

Xoan Arco da Vella
A continuación poñémonos en contacto con XOAN ARCO DA VELLA, que nos ten preparada unha disertación moi interesante relacionada cos "Chozos", na zona da Serra do Suído. Este nome ten moita similitude coa palabra que tamén empregan nas montañas de Portugal "As Brandas". Unhas edificacións moi interesantes empregadas polos pastores cando subían á montaña para refuxiarse. Tamén nos comenta algo sobre as construcións dos "Foxos do lobo". Algún deles moi especial na súa construció, xa que tiña unhas dependencias dobres, en forma de uve dobre... A súa comunicación sempre ten algo de aprendizaxe e novidade interesante. Agrtadecémoslle a súa aportación de hoxe.

Juan Pedro e Charo López
Conectamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) con motico da relaización que teñen prevista para mañá mesmo: "XX FESTIVAL DEL BOTILLO-2024 en Cataluña". Está acompañado de dona CONSUELO LÓPEZ PÉREZ, Concelleira de Cultura do Concello de CORULLÓN, que será o Concello homenaxeado este ano. Comezará este evento mañá, domingo a partir das 12:30h no Hotel Front-Air Congress de Sant Boi de Llobregat. Unha celebración á que asistirán máis de trescentas persoas e na que se homenaxeará tamén a don JAVIER ALVAREZ. como BERCIANO ILUSTRE-2024, socio e propietario da Adega ALMÁZCARA-MAJARA, D.O. Bierzo, que aportará o viño que se degustará nese xantar. Tamén será homenaxeado don JUAN PABLO GÁNDARA, como Premio Literario 2024. Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos.

Kique
Conectamos con Galicia para falar co noso amigo HENRIQUE FERNANDEZ MON-SANCHEZ. Había tempo que non tiñamos contacto con el. Recibímolo preguntándolle polos acontecementos recentes relacionados co Entroido. Festas moi tradicionais arraigadas na zona de Viana do Bolo, Verín, Xinzo, Laza e Maceda. Unha conversa que tame´n se achega a Portugal, porque non fai moi tempo estivo vistando a zona de Tomar e arredores. Tamén se achegou a Coimbra. Fálanos da Biblioteca fermosísima da Universidade: "A Joanina". UnHA visita que paga a pena, aínda que non che dan moitos minutos para contemplala. Despedímolo e escoitamos outra peza musical.

Despois da peza musical damos lectura ao poema de Rosalía de Castro: "MIÑA CASIÑA MEU LAR". Con esla queremos rememorar a festividade que se conmemora cada 23 de febreiro en Padrón, na Casa de Rosalía. Moitos restaurantes aprovietan para ofrecer no seu menú, un "Caldo de Groria", ese mesmo día. E a Asociación de Gaiteiros de Galicia convida a tódolos gaiteiros a que interpreten a "Alborada de Rosalía" e que o publiquen naas redes sociais, para celebrar o "Día de Rosalía".

Recibimos a crónica do noso correspondente XULIO SIMÓN, nas Rías Biaxas, concretamente Combarro, que recolle novidades e comunicacións culturais e moi interesantes.

 

Deixamos o programa enteiro aquí.

 

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...