sábado, 16 de decembro de 2023

SÁBADO 16 de DECEMBRO do 2023

Neste ultimo programa do 2023, comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións ofrecémoslles unha panxoliña como adianto das Festas do Nadal que se achegan. Recibimos a chamada do noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, que aproveita a ocasión ara enviarnos as felicitacións do Nadal a tódolos oíntes e seguidores ademais de ofrecernos unha poesía de Xosé Ramón Crecente Vega, que lle agradecemos e tamén lle damos as nosas felcitacións para estas Festas.

Seguimos escoitando panxoliñas e felicitamos a Xosé Fernández López, en Euskadi, desexándolle un Bo Nadal e unha feiticeira entrada de aninovo 2024, chea de engado e ventureira.

Chámanos o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, para felicitar a tódolos oíntes, seguidores e socios da Entidade, desexándolles unhas Felices Festas de Nadal e un próspero aninovo 2024. Coméntanos a celebración, esta mañá mesmo, da "Feira do Polbo", diante da Entidade, que ao parecer foi un exitazo de participación e unha degustación extraordinaria. Convídanos a que pasemos pola Entidade en vindeiras datas a celebrar e brindar, todos xuntos polo Nadal. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Continuamos a emisión e conectamos con XOAN ARCO DA VELLA

 unha nova fichaxe, un novo colaborador que seguro nos axudará a coñecer máis polo miúdo moitos recunchos galegos e portugueses, xa que ten moitísima documentación publicada sobre ela. Coméntanos a súa experiencia como "retratista-fotógrafo" plasmador de moitas cousas que, na medida das súas posibilidades nos dará a coñecer a partir dos vindeiros programas. Tamén nos felicita e nosoutros correspondémoslle desexándolle un Bo Nadal e unha feiticeiro aninovo 2024.

Escoitamos máis panxoliñas e con esa música recibimos a CONCHA FERNÁNDEZ LÓPEZ, en Lugo, a quen felicitamos e desexamos un Feliz Nadal, cheo de saúde; e unha feiticiera entrada de aninovo 2024, cheo de ventura e prosperidade.

Dámoslle paso a MARIO SENÉN, membro activo da A.C.G.SAUDADE, que nos fala da grande celebración que están a realizar na Entidade: Concerto da Coral e celebración da Festa da Empanada. Tamén lle desexamos unha Felices Festas e próxpero aninovo 2024. Mario correspóndenos desexándonos o mesmo a nosoutros e aos nosos oíntes e seguidores. Cousa que lle agradecemos.

Entrevistamos a CARMEN GÓMEZ GARCÍA, profesora e poeta que ven de gañar o 2º Premio no "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá" polo poema que leva por título "BEÓN". Coméntanos cal é a procedencia deste nome, que fai referencia precisamente á Lagoa de Antela". Parabenizámola e desexámoslle Felicies Festas. Coméntanos algunhas cousas relacionadas co proxecto que se pode consultar no seguinte enlace:

 https://proxectalagoadeantela.blogspot.com/ . 

Desexámoslle que teña moita sorte na súa facete creativa e poética, e que siga colleitando moitos éxitos.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten algunha novidade interesante relacionada con aquelasa terras cheas de engado. Aprovietamos para felicitala tame´n, como a tódolos anteriores participantes, que teña un Feliz Nadal e un ventureiro aninovo 2024.

A crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, tamén  a recibimos con panxoliñas. Sempre nos ofrece un resumo escollido das moitas noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Mándanos felicitacións e nosoutros correspondémoslle cos mesmos desexos de prosperidade e benestar para o vindeiro aninovo 2024.

 

Despedímonos ate o próximo programa, desexando que teñan unhas Felices Festas de Nadal e que o aninovo 2024 veña cheo de benestar e prosperidade para todos.

Aínda lles ofrecemos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que serve para finalizar o ultimo programa deste ano 2023.

Deixamos aquí o programa enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 11 de XANEIRO do 2025

Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e música de JAVI MANEIRO , a quen saudamos e felicitamos o novo ano e...