Outro sábado máis con todos vosoutros. Dúas horiñas de Radio en Galego, que comeza coa nosa sintonía de sempre e as salutacións oportunas. Ofrecémoslle un bocadiño de música de ben-vinda e a continuación conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai partícipes da súa crónica semanal escollendo algunhas noticias interesantes que se atopan recollidas na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación no día de hoxe.
Poñémonos en contacto con
AMPARO CENTENO, que forma parte do Consell Municipal das Donas de Cornellà e unha socia moi implicada na A.C.G."Rosalía de Castro". Participa moi activamente nas actividades da Asociación de donas e tamén axuda na coordinación dalgunhas actividades na nosa Entidade. Danos cumprida información das moitas actividades que teñen previstas no Concello para celebrar o día das "donaas traballadoras", que comezarán o día 28 deste mes de febrreiro e finalizarán o 25 de marzo. Destaca a "Conferencia" que se realizará na A.C.G. Rosalía de Castro o día 18 de marzo, a cargo de
ANDREA NUNES BRIONES, baixo o título:
"Todas as mulleres que son. Cartografía poética". Ao finalizar serviranse uns aperitivos e doces confeccinados polas donas da Entidade.
Falamos con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT) que teñen a celebración do "XIX Festival del Botillo-20023" mañá mesmo, no Hotel Front Air, de SAnt Boi de Llobregat. Están traballando nos últimos detalles e infórmanos que xa non caben máis convidados e participantes. Actualmente teñen confirmados nada menos que cuatrocentos asistentes. Ao parecer, ademais de disfrutar dese producto berciano tan especial, os asistentes recibirán algúns agasallos que aportará o Concello de Vega de Espinaredo, xunto con outros sorteos con produtos bercianos. Desexámoslles moita sorte.
|
Xurxo e un boteiro
|
Seguimos o programa e falamos con JORGE MINAS DOMÍNGUEZ COUSO, Presidente da Asociación Robreda e da Asociación de "Folións Rurais". É un entusiatas recolector de documentación específica desta tradición tan arraigada e moi ben conservada naquela contorna. Temos que agradecerlle a súa aportación e coñecementos relacionados cos Entroidos, Folións e Comparsas da zona. Tamén nos informa da próxima celebración da "Mazcarada Ibérica" prevista para mediados do mes de marzo, e que se realiza dende fai uns anos en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Foi precisamente Xurxo o seu creador, promotor e coordinador xeral. Desexamos que sigan tendo moita sorte e moitos éxitos.
Conectamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unhas palabras e conversa moi agradable. Particípanos que ten en imprenta un novo libro de "haikus" e outro que titulará: "Postdata - Quérote". En próximas conexións e conversas que seguiremos, continuaremos recibindo información da publicación deses traballos e seguro que nos agasallará con algunha das súas creacións poéticas.
Falamos agora con
OSCAR DE SOUTO, poeta en Ponteceso. Alegrámonos polo seu traballo de divulgación poética nas Radios da Costa da Morte, co seu programa "Faros". Tamén nos indica que está a realizar unha labor informativa e comunicativa moi interesante, relacionada cos Concellos, en Radio Neria, Radio Roncudo e Radio Garden. Desexámoslle moita sorte nesa andaina comunicativa.
E despedímonos coa lectura da poesía de "Rosalía de Castro": "Minha Casinha, meu LAR", que é a nosa homenaxe no día de Rosalía que se lecebrou o pasado día 23 de febreiro.
Colocamos aquí o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario