Voltamos a informarlles de que o noso programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neria os Domingos pola mañá, e en RADIOFUSIÓN os luns ás 15h. "Radio Cornellá en Galicia".
|
Alfonso e Juan Pedro |
O programa de hoxe comezámolo, coma sempre coa nos sintonía, dándolles a benvida e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos on
JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña, para comentar con el a celebración do
XIX Festival del Borillo-2023 no Hotel Front Air de Sant Boi. Concretamente será a celebración o vindeiro domingo día 26, un xantar excepcional con ese producto típico do Bierzo, acompañados dos Homenaxeados "Bercianos Ilustres" diste ano: don Victor García Alonso (do Mesón del Bierzo) e dona María Luisa Picado, xunto co Concello de Vega de Espinaredo. Os viños serán de Adegas Gancedo, do Bierzo, e os botillos de Embutidos Santa Cruz de Montes. Mención especial a Vallelongo, colaborador berciano. Desexamos que teñan moitos éxitos.
O seguinte convidado é don
DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "CHEF" do Balneario Caldaria en Lobios. Coa súa participación sabemos algo máis dese extraordinario manxar único e diferente "A Lamprea", que él mesmo cociña cun esmero e delicadeza persoal, posto que o prepara á bordalesa, pero con viño do ribeiro e cogumelos galegos, en pago de viño de burdeos. Tamén nos fala doutros pratos moi especiais, cabra montesa, perdiz... é dicir fainos querer e aprezar, un bocadiño máis, a nosa gastronomía galega. Precisamente nos envía unha foto (que non podemos compartir agora aquí) dun postre que acaba de confeccionar: "falso erizo de mar". ¡Moitas grazas Domingo! Que sigas colleitando moitos éxitos!
Continuamos o programa con outro bocadiño de música e conversamos agora co Ilmo.Sr.Alcalde de Viana do Bolo, don
ANDRÉS MONTESINOS, para que nos fale da
"51 Festa da Androlla-2023". Mañá, domingo gordo, é o día en que se xuntan os folións de 21 núcleos do Concello, acompañados de comparsas, boteiros e moitísimas persoas para disfrutar dese xantar "A Androlla" que preparan con tanto esmero. Unha celebración aompañada de charangas que animan esa xuntanza con máis de tres mil asistentes, sin contar coas persoas que seguro encherán os Restaurantes da vila e dos arredores. Desexámoslle moita sorte.
Conectamos agora co noso colaborador e amigo HENRIQUE FDEZ-MON SANCHEZ, que sempre ten algunha cousa interesante que comentar con nosoutros. Coméntanos que está rodeado de Adegas de grande prestixio na Ribiera Xacra, e descríbenos unha en especial "Adega Terra Brava", que posúe un "acaneadoiro", bambán ou carriola, máis coñecido como "columpio", que seica se precisa pagar para poder montarse nel, pero que paga a pena porque semella que estés bambeándote enriba mesmo do embalse do río Sil. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no noso programa e desexamos que teña un feliz Entroido!
Recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que, coma sempre, é un resumo moi ben escollido das novidades e noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, onde se recollen tódolas informacións relacionadas con aquela contorna.
A seguinte intervención é a do noso colaborador LUÍS LOSADA, que dende Pontevedra envíanos a súa aportación Literaria: "Palabras Voadoras" falando de María Casares. Un libro de Arancha Estévez recentemente publicado que nos convida a ler, e coa que posiblemente tentaremos conectar, en vindeiras datas, para entrevistala e que nos descubra algunha cousa máis sobre a súa obra creativa. Moitas Grazas, Luís.
Colocamos aquí o programa completo:
Comentarios