Noticia de importancia para tódolos nosos oíntes e seguidores: este programa reemitirase a partir da semana próxima, tódolos luns ás 15 horas en RADIOFUSIÓN - GALICIA.
Unha emisión máis deste noso programa de dúas horas en galego: "Semprenglaicia". Despois da sintonía e das salutacións oportunas, escoitamos un bocadiño de música e conectamos co noso correspondetne na Costa da Morte: OSCAR REY, que ten preparada a súa crónica semanal resumida. Podedes ampliar estas informacións e novidades na páxina que sempre recomendamos: quepasanacosta.gal, onde se recollen as noticias máis precisas relacionadas coa Costa da Morte.
Uns comentarios para irmos dando paso a outro bocadiño de música.
Conversamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre participa connosco nesta emisión radiofónica.
Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.
A última intercvención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN, coa súa aportación cultural moi acertada, para disfrute de tódolos nosos oíntes.
Aquí podedes escoitar o programa completo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario