Outro sábado máis con todos vosoutros. Dúas horiñas de Radio en Galego, que comeza coa nosa sintonía de sempre e as salutacións oportunas. Ofrecémoslle un bocadiño de música de ben-vinda e a continuación conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai partícipes da súa crónica semanal escollendo algunhas noticias interesantes que se atopan recollidas na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación no día de hoxe.
Xurxo e un boteiro |
Conectamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unhas palabras e conversa moi agradable. Particípanos que ten en imprenta un novo libro de "haikus" e outro que titulará: "Postdata - Quérote". En próximas conexións e conversas que seguiremos, continuaremos recibindo información da publicación deses traballos e seguro que nos agasallará con algunha das súas creacións poéticas.
E despedímonos coa lectura da poesía de "Rosalía de Castro": "Minha Casinha, meu LAR", que é a nosa homenaxe no día de Rosalía que se lecebrou o pasado día 23 de febreiro.
Colocamos aquí o programa enteiro.