O segundo convidado é ELIGIO SUEVOS, compoñente da Xunta Directiva do Centro Galego de Lleida. Fálanos da celebración do "Día das Letras Galegas 2022" que se realizará precisamente hoxe mesmo a partir das 19h. O acto consiste nunha obra presentada por "Furafollas" Agrupación Teatral, dirixido por Amparo Rodríguez de Deus e Anxo Baranga, baixo o título: "Movendo os marcos con Florencio". Agradecémoslle que nos informara con tanta precisión.
Tiñamos previsto falar co noso amigo, Henrique Fedez-Mon Sánchez; un dos Primeiros Presidentes da nosa Entidade A.C.G.Rosalía de Castro, con motivo da celebración do 40 aniversario desta nosa Radio, pero non foi posible.
Despois recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR DA FONTIÑA, que nos fai un percorrido informativo, escollido por el, e que se pode ampliar na páxina quepasanacosta.gal, como vimos anunciando cada semana.
A continuación recibimos a crónica Cultural do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN. Esta semana fainos unha descrición moi pormenorizada do escritor recentemente falecido Domingo Villar.
Seguimos, na segunda hora conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA. Coméntanos que seguen traballando para reivindicar o apoio ao Instituto de Becerreá. Danos informacións varias relacionadas con aquela controna. ¡Grazas Fernanda!
Conectamos co noso poeta da Mariña, PACO RIVAS. Agasállanos coa lectura de varios poemas da súa creación. Enviámoslle os nosos mellores desexos de sorte nas presentacións previstas, e moitos éxitos.
Ate o vindeiro sábado. Que teñan unha feliz semana. Aquí deixamos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario