Poñémonos hoxe a traballar para ofrecervos o programa do pasado sábado día 21, que por mor de certos atrancos informáticos e técnicos non puidemos subilo o mesmo sábado, coma sempre. Iniciamos a emisión coa nosa sintonía e ofrecémoslle unha peza de música que interpreta o Grupo Musical
"PELEPAU", para recibir a
ALEXANDRE, compoñente deste grupo de música tradicional galega. Falamos da próxima actuación que terá lugar o día 17 de XUÑO no Parque de Can Mercader, en Cornellà, con motivo da "Festa Celta" que organiza a
A.C.G.Rosalía de Castro durante os día 17, 18 e 19 de XUÑO. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e desexámoslles moitos éxitos.
O segundo convidado é
MANUEL VAZQUEZ OSORIO, Presidente do
Centro Galego NÓS, de Sabadell, que están celebrando a
"30 Festa Galega en Sabadell". Convida a tódolos oíntes e simpatizantes para que se acheguen á Avenida Francesc Macià e disfruten desta grande celebración.
Recibimos a continuación ao noso amigo e colborador HENRIQUE FEDEZ-MON SANCHEZ, que comparte connosco a súa visita á cidade amurallada de Galicia, Lugo. Coméntanos algunhas cousas relacionadas coa capital luguesa.
Seguimos, na segunda hora, conectando co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten algunha novidade que informarnos, aínda que hoxe tan só queremos que nos fale dese seu último libro que leva por título: ROMANCE DE DON DINIS E DONA HELENA. Agradecémoslle a lectura que nos regala e desexámoslle moitos éxitos.
Seguimos coa crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSKAR da FONTIÑA, que fai un resumo das novidades e acontecementos máis importantes desta semana. Xa sabe tódolos nosos oíntes e seguidores que poden ampliar as informacións na páxina quepasanacosta.gal.
E finalizamos as intervencións de hoxe coa estimadísima colaboración do noso amigo
LUIS LOSADA, dende Pontevedra que nos axuda a coñecer, máis polo miúdo, ese poemario tan interesante de
CLARA VIDAL: A (DES) MEMORIA. Agradecémoslle a súa estimada aportación.
Ate a vindeira semana. Aquí deixamos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario