|
Pancho Álvarez |
Comezamos unha nova emisión de "Semprengalicia" con ánimo de informar e tratar de entreter aos nosos oíntes e seguidores perante estas dúas horas de Radio. Escoitamos un bocado de música e conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente na "Costa da Morte",
Oscar M. Rey, que nos fai unha pequena, pero intensa, crónica informativa para que poidamos estar ao tanto do que acontece por alí. Ademais, os interesados, poden entrar na páxina que sempre nos recomenda
http://quepasanacosta.gal, para saber algo máis. Agradecémoslle a súa colaboración semanal.
Outra correspondente é Fernanda Follana Neira, que dende Os Ancares Lugueses tamén nos relata unha crónica moi interesante, recomendando algunhas rutas de senderismo e outras visitas para disfrutar da gastronomía outonal, que por aquelas contornas existe.
|
Cordas Históricas |
A continuación
Pancho Álvarez, un grande músico que admiramos e seguimos, dedícanos uns minutiños e, despois de saudalo, aproveitamos para felicitalo pola recente publicación dun CD moi interesante:
"Cordas Históricas". Fainos unha pequena descrición dese traballo, dos diferentes instrumentos empregados nel, das pezas interpretadas (todas tradicionais). Tamén o parabenizamos polo concerto que realizou, acompañando a Carlos Núñez, no Teatro Alfredo Kraus de Canarias. Adiántanos que virá ao Concerto de Fin de Ano, no Palau o día 30 de decembro, acompañando a Carlos Núñez. Desexámoslles moitos éxitos, e agradecemos a súa atención.
Despois conectamos con David Fernández, do Grupo "O Val das Mouras". Tamén o felicitamos porque veñen de publiar un novo CD : Bruixes e Poetes. Precisamente o día 21 deste mes de novembro farán a súa presentación no "Auditori BARRADAS" de L'Hospitalet de Llobregat.
Finalizamos o programa falando co noso amigo e colaborador Henrique Fdez-Mon Sánchez, que dende Galicia, na Ribeira Sacra concretamente, coméntanos cómo se realizaban os magostos na súa infancia, a diferencia coas actuais festas que defiren bastante do tradicional. Fálanos do remate da vendima; comenta que os adegueiros están bastante satisfeitos pola abondosa colleita deste ano e despedímolo con música, coma sempre.
O vindeiro sábado á mesma hora. Que teñades unha feliz semana.
Aquí podedes escoitar o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario