A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos fai a súa crónica semanal informándonos dos aconteceres daquela contorna. Os que desexen informarse moito máis polo miúdo, como él mesmo nos indica, póñanse na páxina de Quepasanacosta.gal.
A segunda hora continuámola conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que nos fai partícipes da súa crónica semanal.
De seguido chamamos a Ana Moldes. Grande amiga que nos fala da Biblioteca de O Grove, na que participa moi activamente, no clube de lectura e outras moitas actividades que se veñen realizando. Están moi orgullosas por teren recibido o Premio Nacional de Bibliotecas "María Moliner", como unha das 10 mellores bibliotecas de España. Fálanos das presentacións de autores e poetas de grande sona e importantes no eido literario. ¡Grazas, Ana Mari!
Seguimos o programa e contatamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha conversa moi agradable e entretida e agasállanos coa lectura dunhas novidades moi interesante.
E finalizamos as intervencións coa colaboración do moi estimado amigo Luís Losada, dende Pontevedra.
E despedímonos ate a vindeira semana.
Aquí podedes escoitar o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario