Comezamos a emisión de hoxe coa nosa sintonía de sempre e despois de saudar aos oíntes e seguidores, escoitamos un bocadiño de música do Grupo de música galego
BRATH, que lidera
ELOI CALDEIRO, a quen saudamos moi cordialmente e agradecémoslle que nos atenda. Fálanos, un chisco, da súa traxectoria da celebración do 40 aniversario dese grupo de música tradicional e da próxima actuación o día 26 en Cal Ninyo (Sant Boi de Llobregat) así como tamén outro Concerto o día 27 no Tradicionarius de Gracia. Desexamos que teñan moitos éxitos.
A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos fai a súa crónica semanal informándonos dos aconteceres daquela contorna. Os que desexen informarse moito máis polo miúdo, como él mesmo nos indica, póñanse na páxina de Quepasanacosta.gal.
Despois entrevistamos a
Rubén Cougil, informático e creador. Fálanos dun xogo de mesa que acaban de presentar :
El Extranjero. Participa nun evento que se ven realizando dende fai varios anos en Catalunya, e ao que se presentaron, nesta ocasión máis de 100 propostas e escolleron 20 xogos. Un destes xogos é o de Rubén e Silvia, a súa compañeira. Ogallá que algunha Editorial se interese por ese xogo. A súa intención é poder traducilo a varios idiomas, entre os que pensan incluír o galego e o catalán. ¡Parabéns e Felicitacións por ese proxecto tan interesante!
A segunda hora continuámola conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que nos fai partícipes da súa crónica semanal.
De seguido chamamos a Ana Moldes. Grande amiga que nos fala da Biblioteca de O Grove, na que participa moi activamente, no clube de lectura e outras moitas actividades que se veñen realizando. Están moi orgullosas por teren recibido o Premio Nacional de Bibliotecas "María Moliner", como unha das 10 mellores bibliotecas de España. Fálanos das presentacións de autores e poetas de grande sona e importantes no eido literario. ¡Grazas, Ana Mari!
Seguimos o programa e contatamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha conversa moi agradable e entretida e agasállanos coa lectura dunhas novidades moi interesante.
E finalizamos as intervencións coa colaboración do moi estimado amigo Luís Losada, dende Pontevedra.
E despedímonos ate a vindeira semana.
Aquí podedes escoitar o programa completo.