A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Manuel Rey, que pertence a esa grande equipa que é : https://www.quepasanacosta.gal/estaticas/quienes-somos.html. Fainos a súa crónica semanal e despídese anunciándonos que este noso programa emitirase en difereido nada menos que os domingos de 12 a 24 horas en Radio Roncudo e Radio Neira. Será unha honra poder participar cos radioíntes desa zona tan querida e aprezada por nosoutros. ¡Moitísimas GRAZAS!
A continuación escoitamos a fermosa colaboración de Luís Losada, que dende Pontevedra mándanos unha aportación cultural relacionada co libro "Os paxaros" de Daniel Salgado. Moi interesante a súa aportación e posiblemente poidamos contar con el en vindeiras ocasións. ¡Grazas Luís!
Despois de escoitar outro bocadiño de música poñémonos en contacto con dona ANA MOSQUERA, avogada de profisión e grande investigadora. Dámoslle a ben-vinda e mantemos unha pequena entrevista coa que cumplimos un dos obxectivos da nosa humilde emisión: ¡"Aprendermos"! Fermosas leccións de coñecemento popular e rural. Exposición de temas moi interesantes e fermosa conversa. O blog "Á sombra do Penegache" que está ao seu cargo, é unha extraordinaria mostra desas cousas interesantes que vos comentamos. Prometémonos voltar a conectar con ela para seguir aprendendo e preguntándolle moitas máis cousas, que ela ten moi documentadas.
Tentamos chamar a Antonio, responsable da "Irmandade Galega O Noso LAR de Tarrasa", pero non puidemos conectar, posiblemente por causa dalgúnha ocupación persoal, pero en vindeiras datas intentarémolo novamente, porque desexamos informarvos das actividades que teñen previstas.
A última intervención de hoxe é a do noso "Poeta da Mariña Luguesa", PACO RIVAS. Sempre nos agasalla cunha conversa distendida e con algo de ensino relacionado coa nosa cultura. Hoxe falounos da riquezaa do noso vocabulario galego.
E así foi como decorreo o noso programa de hoxe. Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. Que teñan unha feliz semana, e lémbrense de conectarse con nosoutros. Ahí lles deixamos o programa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario