Outro programa máis con todos vosoutros. Hoxe foi unha emisión especial, xa que tivemos que asistir ao "Festival da A.C.G.Rosalía de Castro-Aniversario 40+1" no Colexio La Miranda de Cornellà. A primeira conexión foi precisamente co noso Presidente Óliver Fernández, que nos deu a coñecer os promenores desta Festa tan sinalada cada ano na cidade de Cornellà, coincidindo coa Festividade do Corpus, "Festa Major". Felicitámolo polo esforzo e o traballo que esto representa, e desexámoslles moitos éxitos.
A segunda intervención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que sempre ten unha crónica Cultural moi interesante. Nesta ocasión fálanos dos Afiadores e aproveita para aportarnos unhas lecturas moi axeitadas relacionadas con este ancestral oficio.
Despois conectamos con Galicia, para darlle a ben-vinda ao poeta e escritor Manuel López Rodríguez, que ven de recibir o seu poemario "Nas Pulsacións" recentemente publicado en Espiral Mayor polo Concello de Carral, premiado o ano pasado co Premio de Poesía dese Concello. Mantemos con el unha conversa moi agradable e comunícanos algunhas das súas inquedanzas e publicacións. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos.
Continuamos a emisión e ofrecémoslle unha PRIMICIA para tódolos nosos oíntes e seguidores: Un agasallo que nos envía a Profesora, Escritora, Cantautora e grande amiga Carmen Penim. Trátase dun conto moi engaiolante que se titula: A lavandeira e paxaro cagón. Tamén escoitamos unha peza musical titulada "Samba de Rosalía", tamén en rigorosa primicia. Todo esto estará incluído no próximo traballo que está confeccionando e que levará por título: "Ven que che Canto un Conto". É un adianto que nos envióu para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡Moitas grazas Carmen!
E despedimos o programa ate o vindeiro sábado. Que pasen unha feliz semana.
Colgamos aquí o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario