Recibimos a Alicia Benade Durán, de Trigo y Limpio. Unha emprendedora de Pexegueiro (Tui) que está a recolectar unha variedade de Trigo Galego de grande calidade. Trátase da variedade autóctona galega que denominan "Callobre". Fálanos da fariña, dese trigo que está a cultivar coa axuda da súa familia, e que está acadando un éxito importante. Podemos adquirir esa fariña solicitándolla na súa páxina de Internet. Felicitámola e desexámoslle que sigan colleitando moitos froitos.
Continuamos na segunda hora conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón que, dende Combarro apórtanos a súa crónica semanal chea de coñecementos e cultura galega.
Despois falamos con don Fenando Ortigueira, Xerente da Empresa SANAMASK, na localidade pontevedresa de LEREZ. Esta Empresa dedícase a fabricar e producir as máscaras tan necesarias para a situación pandémica que estamos a padecer, e segundo nos explica, están a fabricar un número importante diário, para abastecer a demanda española e ultimamente tamén sirven a outros países, incluso EE.UU. Agradecémoslle a súa amable atención e información tan interesante.
Mantemos unha ultima conversa, cativa polo espazo tan curto que nos queda para o remate do programa de hoxe. Agradecémoslle a Xan Leira a súa participación e colaboración de hoxe na nosa emisión, e prometémonos voltar a convidalo para que participe connosco cando teña máis novidades da súa creación e producción documental. ¡Moitas Grazas Xan Leira!
E despedímonos de todos vosoutros ate a vindeira semana á mesma hora. ¡Sexan felicies!
Aquí penduramos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario