sábado, 30 de xaneiro de 2021

SÁBADO 30 de XANEIRO do 2021

Outro programa máis con todos vosoutr@s para ofrecervos dúas horiñas de Radio en Galego, con ganas de aprender e desexos de que todos se sintan cómodos e satisfeitos coa nosa compaña. Despois da sintonía inicial e das presentacións ofrecémoslles un bocadiño máis de musica para podermos conectar cos nosos convidados. A primeira comunicación é con don  Xosé González Martínez (Pepe de Redondela, para moitos dos seus coñecidos e amigos). Un galeguista de pro, unha persoa moi importante para entender máis de preto a nosa cultura galega. É un político e intelectual de recoñecido prestixio a quen lle concederon a Medalla Castelao no ano 2004. Presidente a Fundación dos Premios da Crítica de Galicia, Secretario da Asociación dos Amigos do Couto Mixto... ... e moitas cousas máis. Falamos con el e ao tempo que aprendemos un chisco, tamén recibimos informacións interesantes que nos comunica.

Despois dun pequeno "atranco" por dificultades técnicas, continuamos a emisión e recibimos nos "estudios virtuais" ao eminente don ISAAC ALONSO ESTRAVIZ, lexicólogo, filólogo, membro da AGAL,  Associaçom Galega da Língua, tamén é Vice-Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa  (AGLP), autor do Diccionario do seu mesmo nome: Diccionario Estraviz, escritor, traductor e autor de moitas obras relacionadas co noso idioma. Mantemos unha conversa, con eles dous, arredor de varias e interesantes cousas relacionadas co noso idioma galego.

Dámoslle a ben-vida ao noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que nos apunta algunhas precisións sobre o tema que estabamos a tratar cos dous contertulios. Fainos un pequeno relato semanal interesante e tamén nos volve a recomendar a visita á súa páxina web, referente a un traballo que se atopa en Internet para disfrute de todos: xulipedia.com. Intercambiamos opinións e conceptos referentes aos temas que estabamos a tratar. Despedimos a Xulio e a don Isaac.

A seguinte conexión é coa nosa correspondente en terras dos Ancares Lugueses, concretamente en Becerreá, Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa crónica semanal, sempre con interesantes aportacións.

E despedimos o programa, ate a vindeira semana. 

¡Desexámoslles que teñan unha feliz semana!

A continuación "colgamos o programa enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...