sábado, 23 de xaneiro de 2021

SÁBADO 23 de XANEIRO do 2021

Segundo programa do ano que comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Connosco Armando Fernández nas locucións e Kiko Belinchón nos controis técnicos. Despois de escoitar unha peza musical saudamos a Américo Rodrígues, de Castro Laboreiro. Tivo unha certa relación moi cordial co noso benquerido Xosé Lamela Bautista, e quere participar connosco no programa de hoxe. Fálanos da súa experiencia, das súas charlas, dos encontros... ... Tamén saudamos a ASER ÁLVAREZ, outro grande amigo do noso Xosé. Tamén se fai partícipe da conversa que estamos a manter. Mediante o teléfono intervén outro grande e entrañable personaxe, que coñeceu e tratou moi de perto XURXO SOUTO. Agradecémoslle a participación e as súas fermosas palabras lembrando a memoria dese "Bon e Xeneroso" que partiu cara o Alén, e dende alí nos protexe. Escoitamos o Vira de Olelas.


A segunda intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses Fernanda Follana Neira, que nos presenta ao seu convidado de hoxe: David Villares, unha persoa xoven, artista e cun prometedor futuro. A conversa-entrevista foi moi interesante e chea de engado.

Despois conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que ten preparada a súa crónica semanal chea de ensino e cultura. Tamén saudamos a Emilio Luís López, que foi Director deste programa e que tamén mantivo unha relación moi amigable co noso Xosé. Dámoslle as grazas.

Falamos, a continuación cun dos seus familiares, o primo Xosé Simoes, do "Restaurante La Taverna del Clínic", que tamén rememora e fainos partícipes  dalgunhas das súas particulares convivencias con Xosé Lamela. Agradecémoslle a súa aportación.

E despois dunha pequena conversa con Américo e Emilio Luís, despedimos o programa ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Cúidense moito! e que pasen unha feliz semana.

E aquí "colgamos" o programa completo, por se alguén quere escoitalo, sen interrupcións e sen cortar, como o expoñemos enriba desta páxina.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...