sábado, 16 de xaneiro de 2021

1º Programa do 2021: SÁBADO 16 de XANEIRO do 2021

Primeiro de nada: Pídovos disculpas polas pequenas interrupcións e algunha que outra errata dixital que seguro atoparedes nos audios, pero son producto da realización emotiva que me acompañou durante esta emisión de hoxe. Síntoo moito, tentei facelo como mellor puiden, e por eso agardo que non mo teñades en conta. 

Comezamos este primeiro programa do 2021, convidándovos a participar e a ofrecerlles estas dúas horas de Radio en Galego, para dedicarlle esta emisión de hoxe ao noso benquerido XOSÉ LAMELA, que se foi cara o alén, o día 4 deste mesmo mes de xaneiro. Agardando que sexa do agrado de todos os nosos oíntes e seguidores propoñémoslles escoitar unha peza de María Bethania, que tamén gostaba dela o noso Xosé: Sonho Meu, e acontinuación conectamos coa Baixa Limia, pero para saudar ao irmán de Xosé: Manuel Lamela. Tamén interveñen Carmen Penim, Suso Díaz e Kique Fernández.

A segunda comunicación é coa Ilma.Sra. Alcaldesa de Lobios, dona Maricarmen Yáñez, que tamén quere participar nesta pequena homenaxe radiofónica que estamos a ofrecerlles aos nosos oíntes.

Despois recibimos a participación da nosa Directora de Radio Cornellà, MIREIA NAVARRO, que se suma aos interviñentes e participantes nesta Reunión de hoxe, para facerlle un tributo ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela.

Seguimos recibindo palabras de agradecemento e recoñecemento pola súa labor en prol da Baixa Limia e do Xurés, e nesta ocasión é o Ilmo. Sr.Alcalde de Entrimo don Ramón Alonso, que intervén para recoñecer públicamente a grande aportación que nos legou o noso compañeiro Xosé. Agradecémoslle a súa participación tan amable e cariñosa cara o noso común amigo. Síguelle na intervención o arqueólgo e grande colaborador durante moitos anos con Xosé nas labores do programa de radio, o arqueólogo don José María Eguileta

Volve a intervir outro Arraiano e grande persoa que precisamente nos deu a coñecer Xosé. Trátase do "Chef" Domingo González Lorenzo que suma as súas verbas a tódalas que vimos escoitando para seguir aumentado e poñendo en valor todo o que sementou entre nosoutros. Moitas grazas Domingo!!!.

Agora intervén Lino Perdiz, de PLABALI, ese grande empresario da Baixa Limia co que nos puña en contacto en moitas ocasións para saber dos traballos e reivindiacións tan precisas para aquela contorna. Agradecémoslle, tamén a súa participación.

Un dos grandes amigos, con quen temos unha débeda pendente (convidalo a que nos deleite coa súa intervención na nosa Entidade "Rosalía de Castro" de Cornellà), é José Benito Reza. Intervén nesta conversa tan emotiva para darnos unhas pinceladas máis, adicadas a Xosé Lamela. ¡Grazas!

Non podía faltar a intervención do noso Presidente da Asociación C.G. Rosalía de Castro, Oliver Fernández, que ademais de agradecer a participación de tantas persoas no programa de hoxe, tamén ten unhas palabras emotivas para Xosé. ¡Moitas grazas Presidente!

A nosa Periodista e locutora durante varios anos, Laura Santos que tamén nos envía a súa participación.

O noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón non nos fai a súa crónica semanal senón que tamén se une a tódolos asistentes para enviarnos unhas palabras adicadas a Xosé. Tamén intervén Manuel Rivero, que coñecemos precisamente grazas a que no-lo presentou e déunolo a coñecer Xosé. Outra emotiva participación que nos axuda a corroborar a bonhomía do noso Xosé.

Chámanos Antonio Díaz, Director da revista Lua Nova, para solidarizarse con tódalas persoas que tiñamos como amigo entrañable a Xosé e enviarlle as condolencias á súa familia.

Recibimos unha fermosa sorpresa: A chamada do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: don Valentín García, que aproveita a ocasión para felicitarnos pero tamén para ensalzar a figura de Xosé, non só polo seu traballo sobre a Baixa Limia, senón tamén pola súa aportación cultural ao entorno, que tanto quería e tanto se esforzaba porque todos poideran disfrutar del ¡Moitas Grazas, Valentín! E continúan as intervencións: Marta Delgado, outra grande amiga que lamenta a marcha de Xosé, non só polos proxectos conxuntos que tiñan previsto realizar, senón tamén pola súa aportación sobre os coñecementos e sabenzas sobre aquelas contornas. Pepe de Redondela: Xosé González Martínez, fainos partícipe do grande aprecio que lle profesaba e das moitas e boas obras que nos deixa para disfrute e beneficio de todos.

E despedímonos ate a vindeira semana. 

¡Grazas por escoitarnos!

Tamén podedes escoitar o programa ininterrumpidamente aquí:

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...