sábado, 27 de xuño de 2020

Sábado 27 de XUÑO do 2020

Ultimo programa desta tempada 2019-2020, que comezamos ofrecéndolles unhas informacións interesantes, relacionadas coas convocatorias seguintes: 1ª a do "XIV Premio de Literatura Infantil e Xuvenil RAIÑA LUPA", patrocinado pola Deputación de A Coruña, e 2ª a do "XXXIV Certame de Poesía en Lingua Galega" patrocinado pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Despois poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao convidado José Benito Reza e mantemos unha amena conversa-entrevista con eles.

A continuación intervén o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón Rúa, que ten preparada unha crónica cultural moi interesante, como cada semana. Desexámoslle que teña unha felices vacacións.




Poñémonos en contacto con Serxio, de TROULA, o grupo "UXÍA Lambona e a Banda Molona", que nos informa das recentes publicacións e das propostas musicais previstas para as vindeiras datas. Tamén nos informa dos concertos que posiblemente realizarán neste verán.


Falamos agora con XOSÉ LOIS ROMERO, músico e grande compositor, que nos fala do ultimo CD publicado: "LATEXO", que pertence a XOSE LOIS ROMERO & Aliboria. Unha formación musical que ultimamente está acadando moitos éxitos coas súas aportacións musicais, moi innovadoras. Mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións sobre o Grupo e dos obxectivos previstos. Agradecémoslle a súa aportación neste noso programa e desexámoslles que sigan tendo moitos éxitos.

Ofrecémoslle a recitación dun poema do noso Poeta da Mariña: PACO RIVAS, que ten moito que ver coa actual situación que estamos a vivir.

Despedímonos ate a vindeira tempada 2020-2021. 
¡Que teñan unhas felices vacacións! 
¡Cúidense moito! e 
¡Que volvan a sintonizarnos na vindeira tempada! 

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...