sábado, 20 de xuño de 2020

SÁBADO 20 do mes de San XOAN do 2020

Continuamos, unha semaniña máis con todos vosoutros, ofrecéndovos este programa de Radio aproveitando as gravacións que facemos mediante algunha que outra aplicación e adubiando, como podemos, as conversas-entrevistas que imos tendo, para darlles cumprida información das cousas que están a suceder así como as nosas propostas nestes días de "confinamento". Agardamos que sexan do seu agrado. En primeiro lugar conectamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de CASTRO, Oliver Fernández, que tiña pendente informarnos das diversas actividades e actos previstos concretamente coa celebración da Festa Galega de Can Mercader, que a pesar do confinamenteo e o estado de alarma, aínda que suspendidas as concentracións, fixeron unha "Ofrenda floral" no Parque de Can Mercader, á nosa poetisa Rosalía, que leva o nome da Entidade. Tamén se celebrou, mediante as redes sociais, unha magna "festa virtual polas redes" para conmemorar os 40 anos da fundación desta Entidade. Actos que nos foi debullando o Presidente nesta pequena conversa. ¡Grazas e moitos parabens,  a tí como Presidente e a A.C.G.Rosalía de Castro!




Despois conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos presenta á convidada especial que temos a honra de entrevistar e conversar con ela: Carmen Penin, de "2Na Fronteira", que nos recibe moi amablemente e aproveitamos non só para felicitala, senón tamén para disfrutar da súa música e dos proxectos pendentes para este verán. ¡Graciñas CARMEN!




A terceira conversa-entrevista é con Alberte Montes, un actor e monologuista que ultimamente estamos a disfrutar nalgunhas series televisivas de Galicia e a súa participación en Radios de ámbito nacional. Dámoslle os nosos parabens polos éxitos que está a acadar así como tamén pola feliz noticia de que acaba de ser pai. ¡Moitos parabens! e que sigas tendo moitos éxitos, Alberte.




E finalizamos coa entrevista que nos concede Miriam Ferradáns, esa poetisa e escritora que está acadando éxitos coa súa laboura creativa e que ven de publicar "Agosto", un novo traballo que estamos desexosos de poder disfrutar del e da súa presenza aquí. Axúdanos na conversa o noso amigo e colaborador Luís Losada. 


Despedímonos ate a vindeira semana.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...