Continuamos coa nosa "programación enlatada" ofrecéndolles no noso horario habitual, as gravacións que escollimos para que poidan disfrutar dasa nosas inquedanzas, das novidades de actualidade, as músicas que vos ofrecemos e algunhas entrevistas de relevancia. Despois de escoitar un bocadiño de múasica poñémonos en contacto con Oliver Fernández, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro que nos comenta varias decisións relacionadas coa Entidade, a suspensión da "Festa galega en Can Mercader" que se celebra cada ano coincidindo coas Festas do Corpus en Cornellà. Coñecemos as diversas novidades que teñen previsto realizar e adiántanos algunhas previsións para cando se cambie de Fase de confinamento, para darlle un pouco de actividade á Asociación.
..
A segunda comunicación é cun grande amigo, escritor e poeta: Suso Díaz, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. Coñecemos parte do seu traballo creativo, fálanos das súas publicacións e recítanos un poema. Tamén nos enteramos da súa participación diária no xornal "Galicia Confidencial" cuns haikus que son moi ben acollidos polos lectores. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moito éxitos e continuados.
Despois conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que nos fai unha crónica semanal chea de ensino.
E antes de finalizar voltamos outra vez a Galicia para darlle a ben-vinda a un dos máis salientables investigadores de Europa e excelente persoa: O Doutor Anxo Carracedo, que nos atende moi amablemente e coa axuda de Xulio Simón, conversamos sobre certas cousas da situación actual. Escoitándoo recibimos unha chea de ensino e bohomía. Agradecémoslle a súa participación no noso humilde programa. Foi un placer, unha honra e un privilexio escoitalo. Desexamos voltar a telo en antena, para que nos fale dun traballo de investigación moi importante... farémolo en vindeiras datas. Tiñamos previsto que tamén interviñera algunha persoa máis, pero non nos foi posible conectar...
E despedímonos ate o vindeiro sábado, á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario