Comezamos dándolles a ben-vida. Estrenamos un novo CD que nos acaba de chegar dende Guipuzkoa : "Briganthya", da man de David Fernández, acordionista. Despois de escoitar unha primeira peza poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos fala das últimas noticias culturais e sociais que sucederon nestes días de lecer e Festas nadalencas. Agradecémoslle a súa aportación e despedímolo ate o vindiero programa.
A segunda comunicación é con Juan Pedro Sánchez, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña, ASOBECAT, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e informativa, relacionada co "XVII FESTIVAL del BOTILLO en Cataluña" que veñen realizando no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat, e que este ano será o vindeiro día 15 de febreiro. Teñen previsto sorprender a tódolos asistentes con importantes novidades e co mesmo prezo de anos anteriores. Agradecémoslle a súa comunicación, o seu convite e amable atención.
Despois comunicámonos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que sempre ten preparada unha crónica cultural moi interesante e chea de ensino.
Conectamos novamente con Galicia, para falarmos con ESTHER VAL RODRÍGUEZ, que ver de acadar unha mención especial, "ACCÉSIT", no XXXIII Certame de poesía Rosalía de Castro de Cornellà. Agradecémoslle a súa aportación e agasállanos coa lectura dun bocadiño da súa creación poética: "Afacerse ao lume", para nós moi celebrada e premiada.
Finalizamos a emisión de hoxe coa comunicación co noso "Poeta da Mariña Luguesa" Paco Rivas, que coma sempre ten unha conversa distendida e con aportacións persoais interesantes.
Despedímonos de todos vosoutros ate o vindeiro programa.
¡Que teñades unha feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario