Outro sábado máis con todos vosoutr@s. Agradecémosvos a vosa fidelidade. Comeza o programa disculpando a ausencia de Xulio por mor doutras obrigas (Está a realizar a Presentación-Rolda de Prensa do "XVII Festival del Botillo en Cataluña"). Despois de escoitar un bocadiño de música conecta con Galicia para falar co correspondente na Baixa LImia: Xosé Lamela Bautista.
Despois conecta con SUSO DÍAZ, escritor e poeta da Baixa Limia, que comenta as actuacións e presentacións dos seus ultimos libros de poesía na súa terra: "A utopía que diluiu o vento" e "Pedro".
O seguinte convidado é don FRANCISCO JAVIER FERNANDEZ DAVILA, Gañador do !º Premio do "XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá". Unha conversa moi amena e chea de informacións moi interesantes.
Fala agora con DAVID, do Grupo de música Celta e Folk "Briganthya", do que xa escoitamos algunha que outra peza, pero nesta ocasión aproveitamos ese CD para escoitar un bocadiño máis desa música e que nos fale da súa traxectoria musical e dos próximos concertos. ¡Gracias David!
A ultima intervención.entrevista é con IGNACIO GÓMEZ, un artista que ten unha exposición da súa autoría no Aeroporto de Santiago de Compostela. Felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos na súa andaina.
A vindeira semana, máis.
¡Non deixedes de sintonizarnos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario