Ultimo programa do ano 2019. Seguimos coas dificultades xa mentadas en anteriores emisións, relacionadas coa comunicación telefónica e por elo pedimos disculpas. Agardamos que no vindeiro ano 2020 teñamos arranxados estes inconvenientes. A locución do programa de hoxe faina Armando Fernández, xa que un servidor non pode estar nos estudios por mor de certas obrigas persoais. Comezamos ofrecéndolles unha peciña musical para darlle a ben-vida ás "Rosalieiras", as cantadeiras da Asociación C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, que nos visitan e ofrécennos a primeira das interpretacións musicais: A Muiñeira de Liñares.
Continuamos escoitando a estas grandes intérpretes da nosa música tradicional galega, coa peza Pasodobre de Berrogüetto, e agradecémoslles a súa participación no noso programa de hoxe.
Continuamos comunicándonos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que aproveita para desexarnos unhas Felicies Festas de Nadal e aninovo. Tamén conectamos con Xulio, que non se atopa nos estudos e envíanos os mellores desexos de Nadal para todos.
Tentabamos comunicarnos con Galicia, pero seguimos a ter dificultades, será pola Borrasca Fabien, que está pasando por aquelas terras, con moitísimo vento, e resulta casi imposible ter unha boa comunicación cos nosos colaboradores. Así pois despídese Armando da audiencia ate o vindeiro día 11 de xaneiro do 2020, á mesma hora.
Continuamos o programa ofrecéndolles unha selección de música do Grupo ABÓBRIGA, que acaban e enviarnos o seu CD "Non Hai Fallo".
Aproveitando precisamente a música destes grandes intérpretes de Baiona, damos lectura a unha pequena biografía do grande etnógrafo ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS, a quen se lle adicou este ano as Letras Galegas 2019. Sirva para coñecer un chisco máis o homenaxeado deste ano.
E finalizamos escoitando algunha peza musical máis, da últimas que nos chegaron: A banda da Loba, "Fábrica de Luz". Adiantamos que en vindeiras datas voltaremos á selección musical para que poidamos escoitar os traballos publicados recentemente, pero que non nos foi posible ofrecérllelos porque o tempo que temos na radio fáisenos cativo e a programación moi extensa. Prometémoslles que faremos o posible por comnplacervos e compartiremos convosco as novedades musicais que nos foron chegando últimamente.
Desexamos que teñan unhas Felices Festas de NADAL en unha entrada de Aninovo 2020 cheo de benestar e saúde para todos. ¡Sede felices!
Ningún comentario:
Publicar un comentario