Comezamos outro programa máis, con todos vostedes, con música para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao seu convidado de hoxe, o Doutor Alvaro de Castro. Unha conversa-entrevista moi interesante e moi animada. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe e comprometémonos voltar a falar co Doutor.
Despois de escoitar outro bocadiño de música falamos co amigo Santiago Lorenzo Sueiro, que nos informa da súa nova faceta radiofónica: "A hora de Sueiro" na Radio Digital, que emite por Youtube.
Escoitamos o Himno do Couto Mixto, interpretado por María do Ceo, para recibir ao noso amigo e poeta Suso Díaz, a quen felicitamos e enviámoslle os nosos parabens porque foi elixido pola Asociación de Amigos do Couto Mixto para concederlle o título de Xuíz Honorario do Couto Mixto, que se lle entregará o vindeiro día 6 de xullo. Tamén nos congratulamos con el polas diversas publicacións e poemarios. Tamén nos agasalla coa lectura dun dos seus poemas.
Continuamos conectando con Galicia novamente para que a nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, nos faga a súa crónica semanal relacionada con esa zona luguesa. Tamén nos agasalla coa lectura dun poema de Toño Núñez, co que foi premiado o cineasta Oliver Laxe.
E a ultima conexión é co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que nos atende aínda que con certas dificultades, xa que non está no lugar asíduo de cada semana. Agradecémoslle a súa aportación.
Voltaremos a última fin de semana deste mes de San Xoan, posto que a vindeira teremos que celebrar a Festa Galega de Can Mercader, e no se emitirá este programa. Así pois, agardamos que volvan a sintonizarnos o próximo dia 29 para despedirnos e finalizar esta tempada. ¡Sexan felices!
Ningún comentario:
Publicar un comentario