Este último programa da tempada 2018-19 encetámolo dándolles a ben-vinda e conectando directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a intervención de don Luís Manuel García Mañá, Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto. Falamos con eles sobre a celebración da próxima entrega de varas de mando aos novos Xuíces Honorarios do Couto Mixto a vindeira fin de semana de Xullo. Desexámoslles moitos éxitos e despedímolos ate a próxima conexión que agardamos poder realizala na seguinte tempada.
Continuamos a emisión conectando co Presidente da ASOBECAT, don Juan Pedro Sánchez, a quen felicitamos pola súa honomástica e aproveita para informarnos da entrega dos Alecrins de Honra que se fará en Touro, no mes de Agosto. Os elixidos por parte da Asociación son Embutidos Santa Cruz de Montes na persoa de don José Antonio Otero e a Empresa Reformas Carrete, na persoa de dona Mercedes. Voltaremos a contar con el cando reanudemos as nosas emisións.
Falamos agora co noso amigo e colaborador Henrique Ferdez.Mon Sánchez, que foi Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro. Dende Galicia propónnos a realización dunha publicación que recolla con precisión e detalle as moitas e interesantes actuacións desta nosa Entidae, facendo fincapé na posta en valor dalgunhas persoas, en particular a de Antonio Díaz, que estivo desde o comezo e inauguración xunto con outras persoas que compre salientar.
Non podía faltar a intervención do noso colaborador e correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nesta ocasión atopámolo facendo unha paridiña nunha viaxe que tiña programada. Agradecémoslle a súa atención e o agasallo co que se despide de todos nosoutros, que consiste na lectura de dous poemiñas dunha autora moi interesante: Cristina Corral Soilán. Desexámoslle que teñan unhas vacación moi gorentosas e un bon verán.
Tamén falamos con LIS LATAS, a quen felicitamos polo traballo tan delicado que acaba de fabricar para un gaiteiro que perdeu un dedo: Un punteiro personalizado cunha chave axeitada para suplir esa deficiencia. Tamén aproveitamos para felicitalo pola Gaita para o Premio Nacional de Artesanía. no seu Obradoiro atópase Pepe Romero, un grande Gaiteiro e Profesor da Banda de Porto do Son. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe no noso programa.
Conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que ademais de despedirse de todolos nosos oíntes e seguidores para desexarlles un feliz verán, agasallános coa declamación-recitación dun pequeno poema da súa autoría.
Un servidor atrévese a ler o ultimo poema da nosa Poeta Pastora, Nieves Fernández Vidueira, que leva por título : Quixera ser leitarega. E así finalizamos o programa de hoxe,
Que teñan un feliz verán e unhas vacacións cheas de engado. Comezaremos a nova tempada no mes de outubro.
¡Sexan Felices!
Ningún comentario:
Publicar un comentario